Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Incertidume

É curioso como se van colocando as palabras na clasificación de uso dos falantes. En castelán existen certidumbre e incertidumbre. A segunda, loxicamente, é derivada da outra por oposición. Pois hoxe en día, úsase moito máis incertidumbre que certidumbre, substituída na maioría dos casos por sinónimos.

No galego non existen ningunha delas nin os seus calcos castrapos certidume e incertidume. Se ben o castelán construíu estas palabras desde o latín certitudinis, o noso idioma deriva de certo os duplos significados de cada palabra: certeza: calidade do que é certo; circunstancia de saber que algo é certo. E incerteza: calidade do que non é certo; estado do que dubida ou se sente inseguro.

De feito, case sempre que escoitamos ou lemos o castrapo incertidume referímonos a ese segundo significado. “A reforma ilegal das condicións do concurso eólico deixaron as empresas do sector na incerteza xurídica”.

Advertisements

Single Post Navigation

4 reflexións sobre “Incertidume

  1. SuperMario o dixo:

    Grazas foime de utilidade. Moi interesante o teu blogue, continúa así!

  2. Moi interesante para as clases de Física, nunca sabemos como lle habemos chamar ao principio de Heisemberg. Agora xa está claro que desterramos incertidume. Beizóns.

  3. Moitísimas grazas 😊😊

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: