Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Volcar

Volcar, volcarse e vuelco son castelanismos. Os seus significados, especialmente os figurados, son especialmente narrativos e por iso gustan tanto deles xornalistas e escritores de best-sellers.

En galego debemos substituír estas formas por formas propias. O máis importante é fuxir do calco do castelán, como veremos.

Volcar co significado de “torcer ou transformar algo cara a un lado ou totalmente, de xeito que caia ou se verta o contido” debemos traducilo por envorcar, entornar, verter, baleirar ou bascular. O contexto decidirá que verbo concreto usar. Non é o mesmo baleirar a auga dunha pota con patacas cocidas ca bascular un camión de area ou envorcar un coche na estrada.

Volcarse é, dito dunha persoa, favorecer a outra ou defender un propósito todo canto pode, sen límites. Ás veces lemos ou escoitamos envorcarse. É castrapismo moi difundido entre os políticos. “Envorcarémonos cos galegos para saír da crise”. O correcto é usarmos verbos propios e fuxir da sombra do castelán. Afanarse, aplicarse, teimar, esforzarse… “Esforzarémonos canda os galegos para saír da crise”.

Vuelco é un castelanismo tan evidente que adoita aparecer en rexistros máis formais coas formas castrapas de volco, envorco ou envorca. Para sinalar ese movemento, figurado, que move ou trastorna unha situación podemos empregar a palabra xiro. “O truco da serie ‘Perdidos’ era colocar un xiro inesperado ao final de cada capítulo”. Envorco si existe en galego mais para definir a acción de envorcar. Tamén se pode dicir envorcadura. “A estrada N-120 está cortada polo envorco dun tractor”.

Envorca úsase na locución á envorca. Significa “en abundancia”, igual ca a barullo. “Este verán, a figueira do alto deu béveras á envorca”.

Para a frase feita “vuelco al corazón”, podemos usar pulo, xa que define, segundo o dicionario da RAG un movemento interior brusco, xusto o que queremos dicir con ese tópico. “Mirouna alí, durmindo á intemperie, abandonada a súa fortuna anterior e deulle un pulo no corazón”.

Advertisements

Single Post Navigation

Unha reflexión sobre “Volcar

  1. Suso de Ver o dixo:

    Por casualidade entrei no blog buscando non sei que cousa xa hai tempo e, hoxe, procurei por “envorcarse” e dei con este artigo. Canto me agradou!
    Vou enviar as ligazóns de dous que están en GC por se poden resultar de interese.
    Parabéns!
    http://www.galiciaconfidencial.com/nova/23982-galego-medios
    http://www.galiciaconfidencial.com/nova/24123-galego-medios-ii
    Un saúdo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: