Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Conexo

Seguro que se falo da Casa da Conexa, moitos dos que ledes este artigo saberedes a que me refiro. Incluso mellor ca min, que recoñezo que non sigo as aventuras de Mucha e Nucha porque non me casan os horarios e porque coido que Xosé Antonio Touriñán é quen de facer un humor algo menos obvio que disfrazarse de señora da aldea.

O caso é que conexa ou conexo co significado de animal mamífero da familia dos lepóridos de orellas e dentes longos é outro claro caso de castrapismo. Por que esta forma que adapta o castelán conejo á nosa fonética se usa entre os galegofalantes de vello, non só neofalantes non está moi claro. Podería ter a ver coa denominada vergoña do labrego, que considerou que os termos que empregaba para referirse aos propios animais, connotados con sucidade, miseria ou ignorancia. De aí que ás miñas avoas nin se lles ocorra dicir diante de descoñecidos porco senón cerdo.

Ou quizais coa chegada serodia deste animal aos cortellos de moitas comarcas de Galicia. Igual que sucedeu con outras palabras, desde semilleiro a xuego, algúns castelanismos acaban por sufrir a erosión do tempo e da necesidade que toda lingua ten de adaptar os estranxeirismos á súa propia fonética.

En todos os casos diremos coello ou coenllo. Tamén nos derivados: coelleira ou coelleiro. Coella tamén é o nome da verza ou da col en moitos lugares. En Cequeliños e na Maraña plántanse coellas xunto coas patacas e vanse retirando as follas máis gorentosas para dárllelas a comer ás galiñas e aos porcos.

Conexo e conexa eran palabras que daban moita lata cando traballaba en A Nosa Terra porque algún redactor atercaba que existía, que o corrector do procesador de textos non lla marcaba en vermello. Claro que existen en galego, son as dúas formas do adxectivo que indica que algo está ligado con outra cousa semellante. Na lingua común está máis estendido o seu antónimo inconexa-o. Pronúnciase ese x como ks.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: