Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Trozo

A palabra trozo non se considera correcta en galego, segundo a Real Academia. Para o significado de parte de algo que se considera separada do resto, debemos empregar anaco, pedazo, cacho, cacha, trisco, bocado ou fragmento.

Cando nos refiramos a un anaco dunha obra non física (desde un poema a unha sinfonía) podemos empregar outras palabras como extracto ou treito.

Retrinco e retallo tamén poden empregarse como sinónimos de trozo. En orixe, estas palabras aludían aos anacos en que se convertía unha tea que se cortaba. Hoxe en día, a palabra foi amadurecida pola expresión literaria histórica e poden utilizarse en determinados contextos. “Dame un trocito de esa tarta”. “Dáme un retrinco desa torta”.

Advertisements

Single Post Navigation

3 reflexións sobre “Trozo

  1. Unha dúbida con orixe no post. Sei que dáme leva o til diacrítico de “dá”, verbo. Por que? En canto se engade o pronome, as palabras xa son diferentes?
    Graciñas polo blogue en todo caso.

    • Ola, Miguel:

      Considérase que o pronome é un engadido á palabra grafada con acento diacrítico. É coma se estivese apegado pero mantendo cada un a súa identidade, de aí que o acento se manteña. Éche a norma 🙂

  2. Grazas pola resposta. Nunca tivera claro iso e non sabía a quen preguntar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: