Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Destrozar

No anterior artigo falei de trozo. Neste toca falar do seu derivado máis famoso.

Destrozar é, en efecto, un verbo derivado da palabra castelá trozo. Significa varias cousas e é castelanismo en todos os casos.
Cando falemos de destrozar como sinónimo de despedazar, destruír ou facer anacos algo, á parte destas formas, no noso idioma podemos empregar esnaquizar (sinónimo perfecto para este caso) ou escachizar.

Ao facer referencia a deteriorar ou maltratar (Viajaba en una bicicleta destrozada), podemos empregar tamén os verbos derramar, estragar, apedrar, esmendrellar, escarallar… “Viaxaba nunha bicicleta esmendrellada”.

Tamén destrozar pode significar causar gran dano moral. Podemos usar con ese sentido abater ou aniquilar, entre outros.

Para definir un esgotamento físico, as opcións son fatigar, escarallar, rebentar, aplanar, esgotar… “Se correse eu o que ti corres, chegaría ao primeiro quilómetro rebentada”.

Finalmente, destrozar tamén significa eliminar por completo un inimigo. Nese caso, alén de aniquilar podemos utilizar destruír ou exterminar. Cun sentido máis poético valerían tamén esnaquizar ou esmagar.

Advertisements

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “Destrozar

  1. “voute esnaquizar, verme noxento!” ___O meu fillo hai 20 anos repetindo “As bólas máxicas” / TVG

    🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: