Dúbidas do galego

Estrano

Unha maneira “popular” de galeguizar determinadas palabras é, como falamos en varias ocasións, inventar supostas regras no traslado dunha palabra castelá ao noso idioma. Se o año castelán se traduce como ano e caño dise cano, por que non falarmos de estrano, patrana ou castana?

A forma galega é estraño/a. Do latín extraneum, a palabra evoluíu perdendo ese x (coma no caso de estranxeiro) e convertendo o ditongo nun ñ, igual ca baño (do latín balneum).

Para entender o éxito da forma estrano incluso no rexistro de escritores e políticos hai que recordar que historicamente algúns dos nosos literatos que tiveron que escribir sen normativa nin regras científicas, tentaban expurgar a lingua de castelanismos a base de toscas decisións. O caso de estrano é unha desas invencións literarias.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: