Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Arroxar

Se vos poñen este verbo diante e tendes que pensar no seu significado así nun intre, seguro que non vos vén á cabeza os seus únicos significados en galego: tornar ou facer que algo torne de cor rubia ou roxa (a cor roxa refírese sempre ao pelo e poñer o ferro roxo (roxo neste caso significa moi quente). “Nótase que estiveches ao sol que che arroxou a cara”; “Non me gusta como che arroxaron os cabelos. Estabas máis guapa de morena”.

Cando nos referimos ao significado de lanzar con violencia algo, de modo que percorra unha distancia, movida polo impulso que recibiu, arroxar é un castrapismo que debemos substituír polas formas propias do galego. Os verbos rebolar (ou arrebolar) conviven con guindar, bimbar, mandar, ceibar, lanzar, chimpar ou tirar.

Sempre digo que os sinónimos perfectos non existen e cada verbo ten un matiz que os fai máis acaídos segundo o contexto da frase. Non só inflúe o significado na escolla senón tamén o rexistro. Por exemplo, se estamos a escribir un texto académico quedaría algo groso poñer: “Segundo a Historia Compostelana, os veciños de Santiago chimpaban pedras contra a raíña Urraca, que fuxía case espida”.

 

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: