Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Grado e grao

Unha lectora preguntoume como habiamos dicir en galego, se grao ou grado. Velaquí a resposta por escrito que a ela lle dei falando.

O galego diferencia grado e grao. Grado é unha forma moi pouco usada xa que só a empregaremos en frases como “Non me berres. Douche as chaves de grado” e nas frases feitas “de bo grado” e “de mal grado”. Grado é evolución do latín gratum que deu o cultismo grato (e os seus derivados: gratificar, ingrato, gratitude…).

No resto dos casos empregaremos grao. Existen varias definicións para esta palabra, proveniente do latín gradum.

Pódese referir a cada un dos estados ou situacións que pode ter unha cousa en relación de menor ou maior. “É destacable o grao de corrupción no Concello de Barbadás”.

Tamén pode ser un título. Desde a última reforma así é como se define o máis común título universitario.

Define cada unha das trescentas sesenta partes nas que se dividen a circunferencia e o círculo e coas que se miden arcos e ángulos; tamén as unidades de diferentes escalas, como por exemplo a temperatura ou o alcol.

Falaremos de grao cando nos refiramos ao parentesco, ás matemáticas ou á xerarquía militar. “As ecuacións de segundo grao non aparecen no temario deste curso”.

 

Advertisements

Single Post Navigation

4 reflexións sobre “Grado e grao

  1. “No resto dos casos empregaremos grao. Existen varias definicións para esta palabra, proveniente do latín gradum.”

    E non é o único caso no que o galego perde o -D- nunha palabra semellante?

    Para min “grao” é o que o dicionario chama “gran”, é dicir, do latín “granum”, porque o galego si que perde as consonantes -N- ou -L- entre A e -UM/O non como o castelán tan dado ás terminacións en -AO a partir de -ADO.

  2. Para min o correcto en galego sería dicirmos “grau” como en PT http://www.priberam.pt/dlpo/grau e como recolle Estraviz: http://estraviz.org/grau

    • Graciñas polo comentario. A normativa de consenso que hai unha década aceptou pau ou xudeu confirmou grao. Grao (gran) é unha forma aceptada na fala mais igual que nos demais casos (mao, irmao), na escrita estándar escríbese “á occidental”.

      • Si, sei que o meu “grao” é unha forma dialectal de “gran”. O que me choca é que se admita esa evolución estrañísima de “gradum” -> “grao”. Coñeces algún outro caso análogo?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: