Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Lacra

En galego xeneralizouse este castelanismo para definir un mal endémico referido a calidades morais. Habitual na linguaxe política, debemos substituílo en todos os casos.

Malia o lingüista galego Benigno Fernández considerar emparentadas lacre e lacra, ese termo non está claro nin se albisca que relación pode ter a substancia resinosa tinxida de vermello que se usa para fechar cartas e marcar outros obxectos cun defecto físico ou a secuela dunha enfermidade. Extremando as cousas podemos dicir que un doente leva un lacre figurado do seu mal e dese lacre… a lacra.

O caso é que en galego debemos empregar palabras propias como mal. “La lacra de la droga”. “O mal da droga”. Tamén podemos utilizar termos médicos en sentido figurado, desde doenza, epidemia ou os máis dramáticos gangrena ou cancro.

Aínda que na lingua común non se usa, no castelán lacra define tamén as secuelas ou os defectos físicos ou morais de alguén. De traducirmos unha frase que conteña ese significado podemos utilizar secuela, marca, cicatriz ou fallo, eiva ou falta segundo conveña.

 

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: