Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Soso

A palabra soso-a é un adxectivo castelán que debemos substituír no galego. A súa implantación na lingua oral é abrumadora, tanto para definir unha comida á que lle falta sal coma co sentido figurado de persoa, obra ou acción sen interese.

O portugués non admite soso-a senón a forma insosso-a, etimoloxicamente máis coherente. Porque o soso castelán procede do latín insulsus, orixe tamén de insulso-a, cuxo significado é idéntico ao de soso.

É por iso que en galego podemos usar insulso para referirnos a un prato sen sal, ao igual ca eslamiado. Tamén podemos empregar desaborido ou insípido cando esa falta de sal supón unha perda do sabor. “Este arroz quedou insulso”; “As cenorias están insípidas”.

Ao falarmos en sentido figurado, estas catro formas son válidas segundo o contexto e podemos engadir algunhas outras: aburrido, anódino ou insubstancial. “No seas soso. Bésame”. “Non sexas eslamiado. Bícame”.

Formas coloquiais derivadas de soso, como sosainas ou soseras deberiamos traducilas con adxectivos propios. Seguro que nas vosas casas úsanse diferentes formas. Na miña, o meu avó Baltasar trouxo do Brasil a locución sen graza. “Fulano de tal é un sen graza”. Na casa da miña muller a metáfora é máis acaída: “Fulano de tal é auga sen sal”. E cando xa non hai quen pare canda el sen bocexar: “Fulano de tal é pura auga sen sal”.

Que cualificativos ou expresións usades vós?

 

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: