Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Estudo, estudio

En galego as palabras estudio e estudo son correctas pero non significan o mesmo. Do verbo latino studere provén o verbo galego estudar e os seus derivados: estudante, estudoso, estudantina, estudantil e estudo. Estudo entendido como esforzo intelectual para aumentar os coñecementos, consideración sistemática sobre algún asunto, obra de investigación sobre algún asunto ou debuxo ou pintura que se realiza como ensaio á obra definitiva. Son castelanismos estudiar e os seus derivados.

Logo, en que caso é galego estudio? Un estudio en galego define dúas cousas: un local onde traballan profesionais –emprégase cando falamos de pintura, escultura e arquitectura, entre outros– e un local destinado á gravación de audio ou vídeo. Estudio radiofónico ou estudio de televisión.

Hai un terceiro uso ausente dos dicionarios pero igualmente correcto: apartamento de pequenas dimensións sen estancias separadas, en especial o dormitorio e a cociña. Este nome é un neoloxismo da linguaxe inmobiliaria, sempre na procura de palabras que convertan en atractivos espazos que a priori non o son. Se falamos dun pisiño minúsculo poucas ganas dan de ir vivir para alá pero se che contan que vas posuír un estudio, as connotacións coa vida artística danlle meirande engado.

Utilizar estudo para definir estes espazos é un hiperenxebrismo xa que a orixe da palabra ten un matiz distinto ao de estudar. Estudio provén da primeira persoa do presente do verbo studare: studeo. Evolucionou de xeito semellante en todas as linguas romances e incluso existe en linguas tan distantes coma o finés, o serbo-croata e o inglés co mesmo significado.

 

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: