Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Casilla

Cando falamos dun espazo compartimentado en formularios ou xogos de taboleiro, debemos evitar a palabra casilla por ser un castelanismo innecesario. A maneira máis cómoda, rápida e eficaz de substituír casilla en bo galego é coa palabra casa. “Deixei sen cubrir as casas do formulario nas que preguntan que tipo de contrato teño”. “No xadrez, a raíña móvese polas casas con moita liberdade”.

A palabra casillero, que define un tipo de moble organizado en caixóns ou andeis, en galego pode denominarse estantería ou libraría, segundo sexan as súas divisións. Tamén se pode traducir por ficheiro. Casillero tomou un significado –non admitido pola Academia Española– referido ao cómputo de puntos ou goles en diversas disciplinas deportivas. Nese caso hai que evitar o castrapo casilleiro (moi común na CRTVG) e empregar marcador ou haber, por exemplo.

Se falásemos de xadrez, á parte de casa existe a palabra escaque (así aparece no Eladio e nos dicionarios portugueses pero o Estraviz opta por escaques), ausente no dicionario da RAG. Esta palabra, que algúns dan por orixinaria de Persia, está relacionada con este xogo desde a súa xeneralización durante a Idade Media. “As fichas negras xogan nos escaques brancos e viceversa”.

 

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: