Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Flotel

Esta palabra alaga hoxe a prensa galega. Antes do outono do 2012 case ninguén a oíra por estas latitudes e hoxe en día xa parece o máis común dos nosos substantivos a pesar de que pouca xente sabe que significa flotel: “Un flotel é un barco que flota”, contestoume meu pai cando lle preguntei que significaba esa palabra que lle sentía tanto ultimamente. É o poder das promesas. E da TVG.

Flotel é un neoloxismo resultado da amálgama da forma inglesa floating hotel (hotel que aboia). O uso deste substantivo xeneralizouse logo da vertedura de petróleo do buque Deep Horizon no golfo de México no 2010. Para limpar a maré negra construíronse varias plataformas que serviron como residencias para os traballadores no medio do mar.

Loxicamente, a palabra flotel non aparece nos nosos dicionarios nin nos das linguas do noso contorno. É polo tanto un estranxeirismo en fase de expansión e aínda non se sabe cal será o seu alcance como palabra de éxito na nosa lingua. Malia ese estado aínda incipiente, tanto o galego coma o castelán xa o adaptaron á nosa grafía.

Coa norma na man, os xornalistas e políticos foron moi adiantados. A forma correcta de referirnos a un flotel en galego é escribilo en cursiva e adecualo, na flexión de número, ao sistema habitual nas palabras rematadas en -l. Aínda que en inglés a palabra é grave, en galego sempre aparece como aguda, polo que é correcta a forma floteis, tamén en cursiva.

Tendo en conta que o tema destes dous buques domina desde hai anos toda a axenda industrial, política e xornalística de Galicia é probable que en menos de cinco anos a RAG debera incluír a palabra flotel no dicionario como palabra galega de pleno dereito. A non ser que a Xunta busque deica alá outro nome amuleto como engado político.

 

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: