Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Mimo

A palabra mimo existe en galego mais o seu significado non é tan amplo coma en castelán. Podemos empregar mimo para falarmos dun tipo de teatro no que en troques de palabras se utilizan xestos e movementos. Por extensión, tamén lle chamaremos mimo ao actor que emprega estes recursos expresivos para interpretar, tanto dentro dunha obra de mimo (ou pantomima), como en espectáculos individuais, tamén na rúa. No caso dos artistas de rúa, é correcto definir como mimos os actores caracterizados como diferentes personaxes que manteñen un rictus concreto e só se moven en contadas ocasións.

Cando falemos de mimo como demostración de tenrura: “Thiago trata el balón con mimo”, en galego debemos utilizar agarimo, cariño ou delicadeza. “Thiago trata o balón con agarimo”.

Se mimo equivale a condescendencia excesiva: “Lo que tiene esa niña es mucho mimo” a palabra máis corrente en galego é mecos, así en plural. “O que ten esa nena son moitos mecos”. Son sinónimos bado, bioco, meiro ou meiró. “O que ten esa nena é moito bioco”.

De meco tomamos o derivado para definir unha persoa moi afeccionada ao cariño ou aos melindres: mecosa-o, mequeira-o. Tamén é válido netorreira-o. “Non sexas mecosa e acaba o que tes no prato!”. Con estas palabras podemos traducir os castelanismos mimosa-o e mimado-a.

Meco tamén a debemos utilizar nos casos que definamos caricias ou mostras de cariño. “Tesme aquí suspirando por un meco teu”.

No caso da planta invasora da familia das acacias de follas longas e florciñas amarelas en forma de boliña, o termo en galego é mimosa. Nalgunhas partes de Galicia utilízase a forma acacia, tamén válido. Debemos evitar o vulgarismo alcacia.

 

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: