Retallar
Retallar é un verbo galego, derivado do substantivo retallo: cada un dos anacos que quedan dunha cousa despois de cortala, principalmente aplicado a papel e tea. De aí que falemos de colchas ou mantas de retallos. Retallo é a palabra galega propia para substituír o castelanismo retal. De retallo tamén obtemos retallaría (técnica para unir eses retallos nun novo obxecto) e retallable (calidade dalgún material que se pode volver retallos, caso dun pano, un papel ou tamén un taboleiro de madeira, por exemplo).
Nalgúns espazos comunicativos, especialmente os vinculados ao nacionalismo, utilízanse os termos retallar e retallada como sinónimos de recortar e recorte, especialmente no contexto político das rebaixas orzamentarias en diferentes servizos públicos. Este é un uso incorrecto e innecesario, orixinario do catalán, idioma no que en efecto retallada é sinónimo de recorte.
Recorte ten fama entre algúns de ser unha palabra castelá. Non é así, como xa explicamos noutro artigo. Si é certo que a aplicación da palabra recorte a esas políticas de redución do gasto procede da linguaxe política española e sería discutible que o galego aporfillase ese novo significado que até agora non se inclúe nos dicionarios destes dous idiomas.
Se fósemos ortodoxos, deberiamos adoptar a forma portuguesa corte, que se aplica desde hai tempo para a definición de diminución de dimensión ou cantidade de algo. “Os cortes do Goberno Feixoo na educación pública benefician as empresas privadas do ensino”.
Pola definición que aparece no dicionario dixital da RAG de recorte, estaría ben dito