Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Noraboa

A palabra noraboa é unha contracción da frase feita en hora boa, un dos xeitos de felicitar algunha efeméride, boa noticia… Noraboa está considerada unha forma incorrecta pola Real Academia Galega, seguramente por considerala un castrapismo, calco do castelán norabuena, hoxe en desuso pero admitido polas autoridades lingüísticas.

O caso é que noraboa é unha palabra que xa aparece nos dicionarios do século XIX e foi referida por Eladio Rodríguez e Xosé Luís Franco Grande, entre outros lexicógrafos. Ademais, a fórmula noraboa xeneralizouse na linguaxe institucional da autonomía e a través da radio e da televisión galegas. Hoxe é unha forma habitual entre galegofalantes de todas as idades e todos os rexistros. Até que punto é conveniente apartala do noso vocabulario?

Tras o rexeitamento a noraboa está o intento de darlle pulo á forma parabén (ou parabéns). Esta é a fórmula xeneralizada en portugués hoxe en día, apartada da tradición galega por noraboa. Parabéns é, por tanto, a mellor opción para as nosa comunicacións en galego e cómpre revitalizala do único xeito que se coñece: usándoa en todos os contextos posibles, desde o encabezamento dunha felicitación de Nadal ou aniversario até as cotiás congratulacións por un bo resultado nun exame, un éxito laboral e demais momentos de felicidade compartida.

Ao tempo, non se debería apartar a forma noraboa. Malia o seu uso crecente entre os galegofalantes aínda nos encontramos diariamente con quen utiliza habitualmente a forma enhorabuena. Coma noutros casos, estas galeguizacións son sempre preferibles, a pesar dos “pecados” etimolóxicos de palabras como noraboa, aos castelanismos puros e duros.

Coas palabras boa e hora en galego tamén contamos coa forma embora (en boa hora). Tampouco está aceptada pola norma estándar pero é grande a súa presenza histórica, como se transmite nos distintos dicionarios. Xa no século XVIII frei Martiño Sarmiento a anotaba no seu vocabulario galego como fórmula admirativa para desexar un bo fin a algunha angueira.

Embora é unha palabra moi usada no portugués, idioma no que tanto se usa para enfatizar algúns actos: “Vou embora sem vocês” coma co significado de non obstante. Na nosa lingua é preferible circunscribir o seu significado á fórmula de felicitación ou alegría: “Embora vos encontro, compañeiras!”

 

Advertisements

Single Post Navigation

7 reflexións sobre “Noraboa

  1. Eu sempre considerei que usar noraboa / parabéns / enhorabuena … para “felicitar” (un aniversario, p.ex.) era incorrecto, ou cando menos inapropiado. Nos aniversarios non se dá a noraboa, deséxanse felicidades.

  2. Grazas polas explicacións da diferenza entre o embora galego e o portugués. É unha das palabras que máis me custa dese codialecto noso, porque non lle vexo a relación coa etimoloxía: que ten que ver “en boa hora” con “non obstante”??

    • Supoño que terá algunha explicación relacionada co uso de fórmulas ao estilo de “Deus mediante”, “dispensando” e que logo foi adquirindo esoutro significado. O que dis sobre a felicitación tamén ten pinta de responder a unha evolución. Primeiro quizais quería dicir algo así como: “alégrome por ti” e logo xa definiu directamente un parabén. Graciñas por comentar.

  3. Parabéns polo teu traballo. É embora que vou atopando as túas entradas no meu facebook.
    Un saúdo.

  4. A min mólame moito “noraboa” non sei se poderei prescindir del, como de “alomenos” ou “gracias”

  5. Em português, embora também exprime a ideia de partida, como nas expressões “ir(-se) embora” e “mandar alguém embora”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: