Dúbidas do galego

Helena Villar Janeiro dá clases de galego pola internet

Nesta ocasión non resolvo ningunha dúbida con este artigo senón que recomendo, para quen queira iniciarse ou perfeccionar o seu nivel de galego, a nova iniciativa que desenvolve na rede a profesora e escritora Helena Villar Janeiro. “Galego na Rede” é un proxecto docente en liña que ten un amplo seguimento desde que comezou a andaina na internet.

A idea foise perfilando no facebook de Helena Villar Janeiro. A escritora, consciente do desprestixio da nosa lingua mercé ás políticas da Xunta, que abandonou o labor de normalización e de dotación de recursos educativos para a alfabetización, decidiu non ficar quieta. Villar Janeiro é unha das nosas literatas e profesoras máis activas nas redes sociais. Logo de ver como recibía preguntas cada día sobre como se expresaba tal ou cal cousa en galego e comprobar como o nivel de coñecemento da nosa lingua é feble, tanto nas novas xeracións (a pesar de o noso idioma ser materia obrigatoria) coma entre as persoas de máis de 40 anos, que non recibiron formación específica en Lingua, tomou a decisión de facer unha das cousas que mellor sabe: ensinar.

Primeiro aproveitou o propio facebook, con mini leccións temáticas de grande éxito entre os seus amigos nesa rede. Mais decatouse de que era unha vía pouco eficaz, sometida a moitas limitacións. De aí a idea de lanzar un blog específico sobre temas lingüísticos, que se converte nunha ferramenta máis para quen queira achegarse á fonte limpa do galego.

‘Galego na Rede’ é un proxecto educativo serio, construído coma calquera deseño de aprendizaxe dun idioma: capítulos breves nos que se dá a coñecer a norma, os usos, as excepcións, e leccións de repaso e exercicios prácticos que axudan a fixar os coñecementos.

Como usar os pronomes átonos, a fonética do galego, diferenzas entre galego e castelán que espertan confusión entre os falantes que, coma no caso, son bilingües e están moito máis expostos á lingua estatal que á propia… Pouco e pouco Villar Janeiro vai construíndo un corpus imprescindible que vos aconsello que liguedes aos vosos lectores web, listas de favoritos e demais ferramentas. Paga a pena.

 

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: