Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Rebasar e rebosar

Ás veces, na lingua danse casualidades, palabras de diferente orixe que van unificando os seus significados ao tempo que se van semellando as súas formas. Ese é o caso dos verbos rebosar e rebasar.

Rebosar ten varios significados, todos moi aproximados: derramarse un líquido por encima dos bordos do recipiente que o contén. Exceder a súa capacidade un recipiente até derramarse o seu contido. Abundar algunha cousa. Estar un lugar excesivamente cheo. Estar alguén dominado por un estado de ánimo concreto con alto grao de intensidade. En todos os casos, é un verbo castelán que debemos evitar en galego. En todos os significados podemos optar polas formas rebordar, sobordar, verter ou botar por fóra e reverter. “O leite ferveu e verteu por fóra”. “Rebordas saúde. Non aparentas os anos que tes!”. “Se coces nesa pota os macarróns, van sobordar”. Para falarmos dun lugar excesivamente cheo, tamén podemos utilizar o verbo ateigar. “O autobús camiño da romaría do Monte do Gozo ía ateigado”.

No caso de rebasar, o significado de exceder é máis xeral; refírese ao feito de superar un límite, principalmente en contextos espaciais, concretamente mariños. A orixe desta palabra é catalá e nun principio referíase a cando unha embarcación superaba a outra no mar. Bassa en catalán significa balsa.

Ao galego chegou a través do castelán e está considerado un estranxeirismo evitable. Segundo o contexto podemos escoller verbos como superar, adiantar ou deixar atrás. Mais como tamén se usa como sinónimo de rebosar, nese caso debemos empregar os verbos substitutivos devanditos.

 

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: