Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Zarpar

Este é un deses termos que eu chamo castelanismo inconsciente profundo. Por que? Pois porque é unha palabra que ten un significado tan concreto, tan propio e tan contextualizado que nos parece imposible non utilizalo nesa situación determinada que describe. Zarpar significa desprender a áncora do fondeadoiro, en primeiro lugar, aínda que está máis estendido co significado de saír un barco ou frota do lugar onde estaba fondeado.

A palabra zarpar procede do italiano antigo sarpare. Parece ser que esa forma ten relación coa serpe, nome que nesa lingua recibía o espazo da proa no que se colocaba a áncora, pola súa forma de serpentina.

En portugués están admitidas zarpar e sarpar como castelanismos. É por iso que en galego estándar se considera este verbo un estranxeirismo innecesario. Recoméndase utilizar frases do tipo levantar áncoras, partir ou saír. “Zarpó con viento en las velas”. “Partiu con vento nas velas”.

 

Advertisements

Single Post Navigation

Unha reflexión sobre “Zarpar

  1. moitas grazas pola información, servíome de moito para un traballo en galego/muchas gracias por la información me sirvió mucho para un trabajo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: