Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Palabras con x que debemos pronunciar ks

No galego hai algunhas palabras cuxa pronuncia popular non casa ben coa pronuncia estándar. Como é posible? O certo é que as linguas vanse acompasando no plano escrito e no oral para que non haxa incoherencias entre un e outro. E polo xeral, a lingua evoluciona na fala e é a escrita a que se debe adaptar ás mudanzas. Exemplo moi recente desa adaptación é a desaparición do grupo culto -cc- e -ct- cando acompaña vogais débiles. Gasoduto ou construción son palabras nacidas desa actualización da forma de falar á forma de escribir.

Mais que ocorre con palabras que chegan ao galego oral durante o proceso de normativización nacido coa autonomía política? Pois que pode haber deficiencias na adaptación de neoloxismos á fala cotiá, especialmente a través dos medios de comunicación. Un defecto moi común é pronunciar todo como se escribe, esquecendo que no galego, ao igual que na maioría das linguas, cada grafema e incluso cada palabra debe adecuarse a unhas regras de pronuncia concretas. Por exemplo, para non se pronuncia para senón pra ou pa, ambas correctas no galego estándar. Ou ao non temos por que pronuncialo como unha unión de vogais senón que tamén é correcto pronuncialo ó.

O problema é cando unha palabra escrita se pode pronunciar de dous xeitos diferentes porque en galego hai un grafema que define dous fonemas distintos: o x, que se pode pronunciar coma no caso de Xoán, traxe ou xadrez mais tamén como -ks: axioma, oxímoro, exótico. Diferenciamos de que xeito pronunciar polo costume mais tamén seguindo regras “vulgares” coma aquela que di que na maioría dos casos, o son do j castelán aparece como -xe en galego: Juan, traje, ajedrez.

E aí nace o problema de catro palabriñas que en galego case todo o mundo pronuncia mal: complexo-a, perplexo-a, circunflexo-a e reflexo-a. Por analoxía coa regra de comparación co castelán, pensariamos que o correcto é repetir a pronuncia de garaxe (garaje) ou xefe (jefe). Mais en realidade todas estas palabras debemos pronuncialas co grupo -ks, igual ca hexágono, óxido ou praxe.

 

Advertisements

Single Post Navigation

15 reflexións sobre “Palabras con x que debemos pronunciar ks

  1. fga SERGF o dixo:

    Non estaría de máis suliñar as verbas ou entrecomiñalas se as queremos comentar pois é confusa a súa aclaración. Por exemplo, non entendo o que se quere decir con esta frase: “ para no se pronuncia para senon pra ou pa. “ Entendo que una cousa é a linguaxe e outra a metalinguaxe e eso debe representarde gráficamente de algún xeito.

    Enviado con Correo de Windows

    De: Dúbidas do galego
    Enviado el: ‎10‎ de ‎marzo‎ de ‎2014 ‎19‎:‎21
    Para: mielomarquesado@hotmail.com
    Asunto: [Artigo novo] Palabras con x que debemos pronunciar ks

    WordPress.com
    cequelinhos posted: “No galego hai algunhas palabras cuxa pronuncia popular non casa ben coa pronuncia estándar. Como é posible? O certo é que as linguas vanse acompasando no plano escrito e no oral para que non haxa incoherencias entre un e outro. E polo xeral, a lingua evol”

  2. E afixo, prefixo e sufixo, non?

  3. Meu deus, estou coa boca aberta.

    Vou ter que repetirme moitas veces estas palabras para afacerme á súa pronuncia correcta. Pero *moitas*. Especialmente as que máis uso (mal): complexo, sufixo e prefixo.

    Vaia un descubrimento…

  4. E cal é a razón de que se teñan que pronunciar así? Ten que ser potente. Xa sei que o que vou dicir, xeralizado, é fácil de retrucar pero, para este caso: hai alguén neste país que pronuncie así esas palabras? Non sería este un deses casos no que hai que levar a norma á fala real? E repito, xa sei que por este argumento teriamos que admitir “o lunes”, “o jueves” ou “parexa” pero penso que neste caso… Anda, convénceme de que hai razóns etimolóxicas ou o que sexa de peso (ou mellor, dáme a razón 🙂 )

    • Ola, Manolo:

      O teu argumento ten unha parte de razón. Son palabras que a todos nos soan dun determinado xeito, especialmente grazas á CRTVG. Mais á parte das razóns etimolóxicas a favor desa pronuncia en ks está a coherencia co espazo do portugués.

      Pensa que a xente na rúa di perplejo e complejo. Ese é o problema. Estou convencido de que se a CRTVG pronuncia día tras día perplexo con ks, en pouco tempo á xente xa lle soa ben. Cando se cambiou o gracias para grazas houbo tamén quen dixo que nunca se admitiría e hoxe incluso na rúa se escoita. Apertas

      • moi ben, pero ¿cal é a razón etimolóxica pola que debemos pronunciar “ks” nesas palabras?
        conste que a min a coherencia co portugués me importa un carallo.

      • Ola:

        Son palabras cuxa pronuncia orixinal era co son ks. Se son con -xe popularmente é pola analoxía de que as palabras con j en castelán se reproducen con -xe en galego: juez-xuíz; jamón-xamón.

        Graciñas por comentar.

  5. gracias (non sei se a forma orixinal era “gracias” ou “grazas”, a miña pronunciacion orixinal é “gracias”, asi que é a que uso) por responder pero aínda teño dúbidas sobre o asunto. ¿a qué século se remonta a pronunciación con “ks” para esas palabras e por qué cres que é preciso voltar a ese modo de falar?

    • Non é cousa de voltar ao pasado para pronunciar como daquela senón corrixir un defecto conxénito de cando esas palabras se popularizaron entre nós (sobre todo tras o nacemento dos medios audiovisuais públicos en galego). Nesa hora debeuse pronunciar con ks; agora xa neses medios se pronuncia así e dentro duns anos será para o noso oído común esa pronuncia, igual que sucede con grazas, que pouco e pouco vaise estendendo e entendendo entre a xente.

      Saúdos

  6. ok, entón entendo que “reflexo” nunca se pronunciou “reflekso” no pasado, senon que así é como “debería ter evolucionado” a sua pronunciación. pero hai algo que non me cadra ¿por qué en castelan non se pronuncia “complekso”? se nese idioma o son deu en “j” ¿por qué non pode aceptarse que en galego deu en “xe”, ainda que fose por un mero e desgraciado copypaste? ¿cres que deberían cambiar os casteláns a “ks” tamen de volta á pronuncia etimoloxicamente correcta? ¿por qué consideramos que o portugués acertou coa sua evolución e o galego non?

    • Bastante temos nós con preocuparnos pola nosa pronuncia 🙂 Que os casteláns fagan o que queiran 🙂 A lingua é un proceso vivo. Seguramente, se dentro duns anos a xente segue a dicir complexo e non complekso a norma varíe. O problema é que esas palabras son recentes e a maioría da poboación, cando as ten que empregar, usa o castelanismo. Saúdos

  7. xa, pero resulta que sí nos preocupamos pola pronunciacion dos portugueses. ó galego tocoulle por desgracia vivir unha longa idade escura na que case o fixeron desaparacer (por intentalo non foi), pero sobreviviu, con parches e tiritas, pero vivo. e igual que non son as armas quen mata, senon as personas que as empuñan, tampouco son os idiomas os culpables das maldades proferidas por quen os fala ou falou. por iso o que non entendo e nunca entederei, en definitiva, é que se introduza unha variante nova, que nunca existiu, co aplauso de que se parece á do portugues, para desterrar outra, con centos de anos de uso, acusada de parecerse á do castelán, ou porque que veu dela directamente, o mesmo che me ten.

    • En castelán escríbense con “j” xa que no seu período medieval todas estas palabras grafábanse con “x”. Durante o século XVIII o castelán tivo unha evolución onde esos “x” transformáronse en “j”, incluso nos cultismos. Aínda consérvase hoxe as grafías México (que en castelán pronúnciase “Méjico”), Texas (pronunciada “Tejas”). Aquí unha ligazón para saber máis: https://es.wikipedia.org/wiki/J#En_espa.C3.B1ol

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: