Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Asco

Se buscades a palabra asco no dicionario da RAG, encontraredes esta definición: “Célula especializada con forma de saco e propia dos ascomicetos, na que se forman as esporas”. Seguro que non era o significado que andabades a buscar.

Asco co significado de impresión desagradable de algo repugnante está considerado un castelanismo polo norma e no seu canto recoméndanse palabras como noxo, repugnancia ou fastío, segundo o contexto. Tampouco se admite asqueroso-a, polo que debemos empregar noxento ou repugnante.

A simple vista, poderiamos pensar que asqueroso-a é un adxectivo derivado dun substantivo: asco, como ocorre en tantas ocasións. Mais non, asco provén de asqueroso.

Nun principio, un asqueroso era aquel que tiña o corpo cheo de éscaras, chagas negras de pel queimada ou necrosada mais tamén en orixe bostelas das feridas. Son moitas as doenzas que historicamente se manifestaron deste xeito e a xeneralización da palabra asqueroso para definir calquera visión nauseabunda é bastante evidente.

Asqueroso é un adxectivo moi vivo no galego oral (nalgunhas zonas dise esqueroso, maneira aínda máis próxima ao lema orixinal) e tamén admitido en portugués –non así asco. Aparece nos principais dicionarios históricos e coa etimoloxía na man é discutible que non se admita na nosa lingua.

Eu coido que debería admitirse aínda que tivese prevalencia o termo noxo, moito máis usado. Asqueroso e asquerosidade teñen un matiz moi concreto que o achegan á repugnancia moral máis que á fisica, especialmente en casos vocativos: “Es un asqueroso” non tería o mesmo nesgo se usásemos noxento.

 

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: