Dúbidas do galego

A medicina e o idioma

Hai medio mes máis ou menos Jon Amil deixaba neste blog un comentario ao redor da linguaxe médica e recomendaba unha moi interesante entrada no seu espazo web: As MIR e unha noites. Aínda que este é un espazo dedicado a falar sobre as dúbidas que poden xurdir ao expresármonos en galego, de cando en vez gústame dar pistas sobre recursos que facilitan a normalización do uso cotián na nosa lingua en todos os ámbitos.

Como xa dixen noutras ocasións, un dos eidos nos que a lingua galega está practicamente ausente é o sanitario. A linguaxe médica en Galicia é case ao 100 por cento castelá e moitos termos en galego de primeiras soan case a chinés. A lingua necesita rodaxe para acomodarse nos nosos oídos primeiro, na nosa lingua despois.

Grazas á pista de Amil, encontrei o Diccionario Galego de Termos Médicos, que publicou a Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e que estivo dirixido no 2002 por Francisco Reyes e Constantino García. Dado que pasaron os anos e o texto se redactou antes da aprobación da normativa de consenso, sería fantástico que se renovase a súa edición e se incluísen termos doutras áreas sanitarias e se ampliase o vocabulario con neoloxismos xurdidos nesta década.

Mais con todo, este é un recurso moi valioso para quen se manexe no sector e non queira renunciar a un galego de calidade na súa comunicación, entre profesionais e cos pacientes.

 

Advertisement

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “A medicina e o idioma

  1. Luís Agulleiro o dixo:

    Primeiro de todo, noraboa. Son seguidor do seu blog dende hai un tempo e gústame recibir as notificacións dunha entrada nova de cando en cando. Creo que as súas entradas son simples e fáciles de asimilar, o que fai con que pouco a pouco vaiamos falando un pouquiño mellor.
    Son estudante de Medicina na USC e sempre procurei falar o mellor posible no meu idioma, tanto no rexistro formal coma no culto (ao presentar un traballo, falar con un profesor ou incluso con algún paciente). Isto era tarefa bastante complicada ata que atopei un “Vocabulario médico” que se escribiu no 2008 coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística da USC. Non sei como poñer aquí algún documento adxunto, así que se o quere para darlle unha pequena revisión mándollo encantado (creo que está libre na web, pero agora non o atopo).
    Moitísimas grazas polas súas entradas, espero impaciente a que saia outra!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: