Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Taburete

Taburete é unha palabra castelá que define un asento que non ten respaldo. A palabra taburete é un galicismo, posiblemente adoptado despois do Renacemento, xa que non aparece reflectido nas demais linguas peninsulares.

En galego é palabra de recente implantación, entre as novas xeracións, especialmente grazas aos medios de comunicación e á linguaxe comercial do mundo do moble, castelá case ao cento por cento. Mais debemos substituíla con substantivos propios, xa que o galego ten palabras patrimoniais ben interesantes.

A miña preferida é tallo. En orixe definía un simple anaco de madeira, un cepo que unhas veces servía para picar leña ou carne e outras para sentar. Hoxe en día serve para definir calquera asento sen respaldo. Tamén é útil para definir ese obxecto que non usamos especificamente para sentar senón que tamén nos serve para subirnos ao alto dun armario, por exemplo.

Banqueta tamén define calquera asento sen respaldo, teña tres ou catro patas. O das patas é importante porque é o que diferencia outras palabras que podemos empregar: meso e moucho.

Advertisements

Single Post Navigation

4 reflexións sobre “Taburete

  1. Iago Corral o dixo:

    Na zona de Sarria dise tamen “mesote”.

  2. “Trabizo” na Fonsagrada. Saúdos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: