Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Pinchazo

O outro día viña escoitando a Radio Nacional, nunha das horas de desconexión a Galicia. Falaban de resultados futbolísticos: “As picadas dos equipos que perseguen o Dépor…” Custoume decatarme de que o locutor substituíra o “pinchazo” castelán pola picada galega. Aínda que llo hai que gabar, xa que nesa radio son moi comúns os castelanismos, cómpre que un profesional da palabra, que fai todo o seu traballo en galego, evite erros coma este.

Porque pinchazo pode ser traducido ao galego por picada pero non en calquera contexto. Un pinchazo en castelán ten varios significados, desde o acto de picar con algún instrumento punzante á consecuencia de picar algunha cousa, por exemplo, unha roda, pasando polo sentido figurado de sentir no propio corpo coma se alguén nos chantase algo.

O galego busca solucións diferentes para cada contexto. Se falamos do efecto sobre unha roda dun obxecto aguzado debemos optar por picada, furo ou furado. “Sinto chegar tarde. Tiven un furo nunha roda”.

Tamén aplicaremos calquera destes substantivos para falarmos de calquera acto de picar ou furar, tamén cando sufrimos o ataque dun insecto, que ten unha forma específica, picadela. “Erguinme da cama con tres picadelas de mosquito detrás do xeonllo”. O diminutivo favorece evitar pensarmos nun burato grande na pel. Nunca falariamos dun furo ou furado provocado por un becho.

No caso de falarmos dunha dor aguda, podemos optar tamén por picadela ou por punzada. “Dábanme punzadas en todo o brazo esquerdo e tremíame a man”.

Para substituírmos o pinchazo figurado na linguaxe deportiva, coma con outras frases feitas castelás deberemos esquivar por completo calquera forma parecida. “El Madrid no pincha y sigue en el carro de la liga”. “O Madrid non falla e segue no carro da liga”. “Los pinchazos del Spórting y el Éibar, mejores noticias que la victoria del Dépor”. “Os tropezos (erros) do Spórting e do Éibar, mellores novas ca a vitoria do Dépor”.

 

 

Advertisements

Single Post Navigation

3 reflexións sobre “Pinchazo

  1. Satrapias o dixo:

    E para falar de “pinchazos” telefónicos?

  2. Exemplo: No médico déronme unha picadela.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: