Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

O mesmo

Este artigo leva por título “O mesmo” pero iso non significa nin que mesmo estea mal nin que só vaia falar de mesmo. O que  lle aplicaremos a mesmo vale tamén para mesma, mesmas e mesmos.

Hai unha forma moi común no castelán de colocar en forma pronominal un substantivo que apareceu antes na frase: “Artur Mas no ha querido ir al Congreso de los Diputados para no salir con el rabo entre las piernas del mismo”.

Esta aplicación da forma mesmo neste contexto é un castelanismo gramatical e debemos evitalo. Hai dúas formas de esquivar este vicio lingüístico, tan estendido especialmente na escrita, tamén entre profesores de Galego. Unha pasa por substituír o “mismo” polo pronome demostrativo este. “Mas non quixo ir ao Congreso para non saír co rabo entre as pernas deste”. No exemplo que estou manexando, esta solución pode ser ambigua polo que é preferible redactar doutro xeito, buscar como facer referencia ao substantivo que non queremos repetir sen utilizar necesariamente un pronome. “Mas non quixo ir ao Congreso para non saír co rabo entre as pernas de alí”.

Os castelanismos gramaticais e semánticos son os máis complicados de combater porque non chían tanto no oído do que fala ou escribe coma os léxicos ou sintácticos. Non debemos esquecer que as linguas teñen un campo que vai máis alá das palabras que se poden encontrar no dicionario: frases feitas, construcións de frases, alusións culturais… todo vai cimentando unha lingua normal e autosuficiente.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: