Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Estropear

Paseniño paseniño foise coando o castelanismo estropear e os seus derivados, caso de estropicio, na lingua galega cotiá. Ás veces parece imposible que determinadas palabras consigan facerse un oco en campos semánticos nos que o noso idioma ten un cadal moi notorio e estendido entre os falantes. Pero ocorre e este é un caso paradigmático.

Porque en galego estropear ten varios sinónimos de moita potencia e tan correntes que ninguén pode frunxir a testa e protestar porque “os do galego andan sempre a “inventar” palabras”. Estropear é un italianismo no castelán cuxo significado máis estendido é o terceiro en orde de prioridade para a RAE: “botar a perder, malograr calquera asunto ou proxecto”. Para substituír esta forma podemos utilizar estragar, derramar, desbaratar, esmendrellar, escarallar, descompoñer, avariar… Na miña casa utilizamos a forma alagar tamén. En orixe, alagar úsase para definir o acto de cubrirse de auga algún obxecto mais en sentido figurado fai referencia ao estrago ou avaría dalgunha cousa. Nalgunhas zonas úsase como sinónimo de esboroar: “O temporal alagou varias casas na costa” mais na Maraña podemos escoitar cousas como “Teño que comprar outra televisión que esta está alagada”.

Estropear tamén fai referencia (este signficado está pouco vivo na lingua habitual) a facerlle dano a alguén. Úsase máis ben en sentido pasivo. “Estás bien estropeado, majo”. En galego podemos usar as formas escarallar, estragar, acabar… “Estás ben acabado, che”.

Para traducir a palabra estropicio a forma máis acaída é desfeita, estrago, desastre e unha palabra que me presta moito: zarracina. A orixe desta palabra hai que buscala na palabra sarraceno, unha das varias formas coas que se definiron historicamente os musulmáns. Non queda claro se a analoxía entre desfeita e mouros ten a ver coa ansia cristiá de fender muslimes ou o medo cristián a que viñesen os sarracenos e saqueasen todo ao seu paso. Tendo en conta que en Galicia houbo varios episodios de sacos a mans de turcos, denominados xenericamente como sarracenos en moitas ocasións, coido que a noción de desastre era por telo sufrido non por telo ocasionado.

Advertisements

Single Post Navigation

3 reflexións sobre “Estropear

  1. Ramón Sandoval o dixo:

    Quero felicitado por este blog moi útil para os que temos moitas dúbidas en galego. Parabaens.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: