Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Quintana

A palabra quintana non existe no galego estándar. O dicionario da Real Academia Galega non trae esta palabra, as nosas autoridades lingüísticas consideran que quintana é un castelanismo.

Si aparece quintana como substantivo común nos dicionarios piares da nosa lexicografía: o Estraviz, o Eladio e o Franco Grande. Nos tres ten un significado claro: adro situado ao redor dunha igrexa que servía de cemiterio. Velaí o caso da praza da Quintana de Santiago, antigo cemiterio (a Quintana de Mortos), tan ampla hoxe que ten unha parte tamén de vivos.

Curiosamente, en castelán a quintana non ten ese significado, senón que define un tipo de edificación rural de orixe medieval na que os colonos ou servos debían pagarlle ao señor ou propietario unha quinta parte dos froitos que recollesen das terras que cultivaban.

En galego esa é a orixe da palabra quinta, que hoxe simplemente define unha propiedade rural que amais de casa ten terras de labradío ao redor. “Herdou unha quinta na Terra Chá que era da súa avoa”.

A palabra quintá tampouco aparece no dicionario da RAG e pásalle un pouco coma a quintana. Está moi presente na toponimia e tamén aparece nos principais dicionarios históricos. Quintá significa pequeno bosque mais tamén define unha quinta de tamaño máis pequeno. As quintás son tamén unhas febres intermitentes, que aparecen de cinco en cinco días, común nalgunhas enfermidades infecciosas, especialmente o paludismo.

Do meu punto de vista, quintana, quinta e quintá son palabras completamente galegas que deberiamos empregar acotío. Están moi presentes na nosa historia e na nosa xeografía.

Advertisements

Single Post Navigation

6 reflexións sobre “Quintana

  1. Subscrìbete às entradas deste blogue porque son caralludas!!!!!

    Apertas!!!

  2. X.Henrique Costas o dixo:

    Pois eu lamento discrepar. En toda a nosa documentación medieval só aparece Quintá ou Quintán (con a~ nasalizado moitas veces) e hoxe na toponimia galega só temos Quintán (nas zonas occidentais onde dicimos a mañán, a irmán, a mazán) e Quintá (no resto do territorio, onde din a mañá, a irmá, a mazá). Nin resto de Quintana na toponimia. E nos documentos medievais referidos a esa simbólica praza de Compostela sempre aparece como A Quintán dos Mortos.
    Secasí, na miña opinión, e por casos semellantes a estes, Quintana ou ben é unha restitución eclesiástica para o caso de adro ou cemiterio, ou ben -con toda probabilidade- é un castelanismo claro. Pero en ningún caso se debería admitir Quintana ao lado das formas patrimoniais Quintán e Quintá e, é máis, penso que se debería restituír A Quintán dos Mortos na toponimia e que todos os galegos apelidados Quintana deberían regaleguizar os seus apelidos en Quintá ou Quintán, dependendo da procedencia xeográfica dos seus devanceiros.
    É a miña opinión e podo estar enganado, por suposto. Saúdos cordiais

    • Mil grazas por comentar e enriquecer o artigo. Cando afirmaba que había presenza na toponimia, é certo que non reparei en que a proporción de Quintá e Quintán é asoballadora sobre a de Quintana. O problema é o significado de quintá fronte ao de quintana xa que segundo os dicionarios unha quintá non é o mesmo ca unha quintana (superficie agrícola fronte a adro/cemiterio). Eu penso que puido haber restitución eclesiástica como ocorreu noutros casos xa que no castelán unha quintana non é un cemiterio. Saúdos

  3. E apelidos: na miña clase había un Álvarez Quintáns…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: