Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Intervinte

O verbo intervir é dos máis “especiais” da nosa lingua. En galego pódese empregar como substituto dos verbos operar e participar e tamén para definir o significado de ocorrer e ter influencia nun suceso: “Na crise interviñeron varios factores” e para impoñer a autoridade: “O exército interviu en Exipto”.

Debemos ter moi en conta a súa conxugación e os seus derivados porque acotío se ve mal empregado. O verbo intervir é irregular e debe conxugarse como vir. De aí que formas como interviron ou interviu non sexan correctas: interviñeron e interveu. Iso non quita que en determinadas zonas nas que o verbo vir se conxuga con trazos dialectais propios o poidamos escoitar con outra alternancia vogálica, como ocorre con outras formas verbais, tanto regulares coma irregulares.

Outra cousa que debemos ter en conta é a construción do participio. Pódese dicir intervida ou intervinda. “As pezas de roupa intervindas polo servizo de aduanas eran todas de marcas famosas falsificadas”.

Cando constrúamos o derivado en -ente (normalmente significa a forma do verbo adxectivada en activo), a construción correcta é interveniente, nin o castelanismo interviniente nin o hiperenxebrismo intervinte. Intervinte non se pode utilizar pola propia raíz deste verbo. Todas as formas derivadas de vir utilizan a forma plena, etimoloxicamente máis próxima ao latín, por exemplo no caso do verbo provir: proveniente, non provinte.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: