Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Dito e feito

Falei xa varias veces da importancia de conservar as nosas frases feitas. Estes bordóns tan útiles no camiño da expresión cotiá son das primeiras fendas polas que a lingua dominante (no noso caso, o castelán) penetra e acaba por substituír as nosas formas propias por empréstimos foráneos, innecesarios e, finalmente, enterradores desta parte do noso patrimonio lingüístico.

Hai dúas clases de substitución: a que se fai directamente na lingua dominante: “Ala, agora cada mochuelo ao seu olivo”. A lingua galega oral está ateigada de castelanismos e en moitos casos que unha frase feita se introduza no discurso en galego tal cal non ofrece demasiadas resistencia aos oídos menos sensibles.

Mais na maior parte dos casos, as frases feitas castelás pasan ao noso idioma como figuras que poderiamos definir como castrapismos semánticos, xa que poden incluso estar escritos en perfecto galego pero en realidade definen formas alleas, ben porque responden a connotacións que non se corresponden coa cultura galega ben porque existen formas galegas precisas para eses casos. Cando dicimos: “Non son eu moito de ver os touros desde a barreira”, desde o punto de vista ortográfico non hai chata mais a fraseoloxía referida ao mundo dos touros é estraña á nosa tradición cultural e deberiamos utilizar formas propias, mediante frases feitas nosas: “Non son moito de ver para os figos e non papalos” ou mediante fórmulas orixinais: “Non son moito de quedar impasible diante de situacións así”.

Debemos reparar en que nalgúns casos podemos empregar dúas formas diferentes. Por exemplo, tan válida é “pouco a pouco” coma “pouco e pouco”.

E noutros, o matiz é importante porque permite desenvolver a particular filosofía da nosa cultura expresada e refinada século tras século na nosa fala. É o caso de dito e feito, calco do castelán dicho y hecho. En galego é preferible empregar a expresión meu dito, meu feito. A que ten outro toque?

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: