Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Molar

Calquera persoa en contacto con máis dun idioma acabará por mesturar formas de ambas. O proceso faise normalmente de xeito desequilibrado. No caso galego, un galegofalante usará palabras, frases feitas e formas gramaticais do castelán en maior medida do que un castelanfalante usará formas propias do galego. Por que? Porque os idiomas non son construcións estáticas senón códigos abertos, en constante evolución, con entradas e saídas continuas. Lemos e escoitamos palabras a diario. Absorbemos as máis habituais e descartamos outras. Todo depende do noso contexto pero non só o familiar ou o círculo de amigos. Cada vez máis, din os expertos, son os medios de comunicación (con grande influencia da televisión) os que marcan as tendencias a longo prazo.

Todo este preámbulo escribino para entendermos mellor por que o verbo molar se instalou entre os galegofalantes. Resumindo: por culpa da televisión.

Molar é un verbo caló, utilizado até hai tres décadas unicamente por xitanos. A primeira expansión conseguiuna a través das prisións. Cando a finais da década do 1970 se estendeu o uso da heroína, os cárceres enchéronse de mozos, paios que convivían a diario con falantes de caló.

A linguaxe “marxinal” fíxose atractiva en diferentes ámbitos culturais, en especial o cinema e a televisión, que consideraron un xeito de modernizar os produtos audiovisuais darlles entrada a unha serie de expresións de barrio. A rúa chegaba ás pantallas. O proceso foi recíproco. Xa non só falaban así os veciños de Vallecas (poño este barrio como exemplo paradigmático polas súas características socioeconómicas) senón que o vocabulario “moderno” foi conquistando grandes faixas de poboación. Grazas ao descontexto, o que fora xiria xitana era agora retrouso de cancións na boca de persoas que de seguro pensarían que as estaban a enganar de lles diciren que os xitanos teñen unha fala propia.

O galego vivo non é inmune a estes procesos de ampliación do castelán. De feito, os galegofalantes admiten de mellor grado os neoloxismos en castelán porque se dilúe a súa orixe. Para entendérmonos: todos sabemos que chorizo é un castelanismo pero quizais non tantos que cando lle chamamos chourizo a un ladrón en realidade estamos facendo un calco do castelán chorizo (do caló chori) que nada ten a ver coa salchicha de carne de porco. Verbos como flipar ou zapear (adaptacións castelás de formas inglesas) deben ser considerados en galego como castelanismos, non como anglicismos. Outra cousa é que os convertamos en castelanismos necesarios ou superfluos.

Na miña opinión, no caso concreto de molar, o noso idioma ten recursos abondos. Incluso cun altísimo nivel popular, como prestar, verbo que con este significado de gustar ou resultar agradable está xa perdido en moitos lugares. “Me mola tu manera de pensar”. “Préstame a túa maneira de pensar”. “Vendimiar bajo lluvia no mola”. “Vendimar baixo chuvia non presta”.

Advertisements

Single Post Navigation

4 reflexións sobre “Molar

  1. Estou de acordo con moito do que dis, aínda que hai cousas que non me convencen de todo 🙂 Persoalmente, defendo o uso de “molar” en galego pero, que che parece a (para min, fantástica) forma “reinar”? E. g. “Moito me reinou o concerto”. Aperta!

  2. Penso que «cucar» pode ser un bon substituto de «molar».

    «Prestar» na miña opinion non significa exatamente o mesmo, senon mais como «facer sentir ben».

  3. Que significa xiria?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: