Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Ébola

Aínda que hoxe xa case dea igual, o Ébola é un río. Un curto percorrido fluvial de 250 km que desemboca no río Mongala, afluente á súa vez do poderoso río Congo. Foi nas beiras dese río, na aldea de Yambuku, na República Democrática do Congo, onde se diagnosticou no 1976 unha estraña enfermidade. A primeira persoa que morreu por causa da doenza foi o director da escola local, Mabalo Lokela.

Os investigadores decidiron tempo despois bautizar o virus mortal que provoca a febre hemorráxica co nome daquel río. O que en tempos seguro designaba unha corrente de vida, con fauna e flora que vivía da súa auga, é hoxe símbolo de morte, unha desas palabras do vocabulario do terror.

En galego debemos escribir ébola con minúsculas cando fagamos unha elipse co nome da enfermidade: “Unha auxiliar de enfermaría, primeira vítima do ébola no Estado español”. Declínase en masculino por virus.

Xustamente, cando falemos do virus debemos utilizar a maiúscula: “Xa son máis de dez mil os afectados polo virus do Ébola no 2014”. Tamén se falamos de enfermidade ou de febre hemorráxica. “A febre do Ébola maniféstase de xeito semellante a unha gripe con complicacións gastrointestinais”.

Non se recomenda falar de virus ébola (tampouco virus Ébola) xa que se considera un calco do inglés.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: