Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Convicción, fricción, succión, adicción

En galego, como norma xeral, debemos escribir os grupos cultos -cc- e -ct- completos en palabras que leven diante as vogais a, e ou o: obxecto, acción, aspecto, afección. E suprimir un c do grupo cando usemos palabras con vogais débiles (i e u): frutificar, dicionario, ditadura, Vítor, redución, reprodución…

Mais en determinados casos, conservamos as dúas consoantes con vogais débiles. Por que? Trátase de palabras que pertencen a linguaxes moi especializadas, cultismos con pouca historia no noso idioma ou casos específicos onde manter o grupo culto evita confusións entre diferentes termos.

Para ilustrar o último dos casos, empregaremos as palabras adicción e adición. Unha adición é  a acción de engadirlle unha cousa a outra. Unha adicción é a inclinación moi forte a algún hábito coa conseguinte dependencia física ou psicolóxica. A diferenza (dunha letra) entre ambas palabras xa vén do latín (additio fronte a addictio). É o mesmo caso de invicto-a e invito-a. Aínda que na práctica é ben difícil que se fosen confundir a primeira (ou terceira) forma do presente do verbo invitar e o adxectivo.

Palabras moi cultas, nas que aínda se produciu o desgaste do seu grupo culto, son adicto-a, convicción, convicta-o, fricción e succión-succionar. Tamén podemos unir a este grupo dúctil, evicción, ficción, ficticio-a, fricción, friccionar, indicción, pictografía, pictórico-a, ricto, veredicto e vindicta.

Casos de termos de linguaxes especializadas (medicina, arte, dereito…) son os de amicto, anfictión, anfictionía, apodíctico, deíctico, dicterio, flictena, ictericia, ictérico, ictiografía, ictioloxía, ictiomancia, lictor, micción e nictálope.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: