Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Esquela

Hoxe en día, unha esquela, en castelán, define principalmente unha parte específica do xornal, de estrutura fixa, que inclúe anuncios sobre a morte de alguén. Aínda así, no dicionario da RAE aparece como primeira acepción para esquela o significado de carta breve que adoitaba pecharse en forma de triángulo.

A palabra esquela é un castelanismo moi estendido no galego común. Seguramente, nunca usou o noso idioma outra palabra e figura no vocabulario xornalístico coa forma castelá porque na prensa a presenza do galego é e foi testemuñal, sen capacidade de influír na linguaxe. Todo o léxico habitual na que é a miña profesión está nese idioma: ladillo, cintillo, negrita…

Iso non debe ser óbice para evitar os castelanismos, sempre que se poida e sexa práctico. Dentro do oficio, non hai problema mais sempre é complicado modificar o vocabulario da xente, sobre todo se está tan asentado coma no caso de esquela.

A normativa indica que debemos empregar para o significado de sección fixa da prensa que serve de anuncio da morte de alguén a palabra necrolóxica ou a forma completa nota necrolóxica. É o máis coherente e lóxico pero realmente é posible o cambio? Sen unha prensa escrita en galego que popularice ese nome, véxoo difícil, sobre todo porque a palabra esquela é moi popular e incluso coincide que se adapta perfectamente á nosa fonética e tradición léxica (as palabras acabadas en -ela son moi abondosas e incluso teñen unha connotación familiar, por ser este un sufixo diminutivo ou cariñoso).

Unha necrolóxica non ten nada a ver cun obituario. Esta forma é o nome técnico que se lle dá ao xénero xornalístico dos artigos que glosan a vida dunha persoa falecida recentemente. “Correu sempre o rumor de que en todas as redaccións de Galicia estaba redactado desde moito anos de el morrer, o obituario de Manuel Fraga Iribarne”.

Advertisements

Single Post Navigation

6 reflexións sobre “Esquela

  1. MAROAL@telefonica.net o dixo:

    Antes de nada, parabéns por esta sección. Quería engadir que o obituario, malia o que diga o RAG en liña e mesmo o Xerais, na lingua actual enténdese como ´a listaxe de persoas falecidas nun determinado período de tempo ou día´. Para a nota que enxalza os méritos dunha persoa morta adoita empregarse ´necroloxía/necrolóxica´. O mesmo dicionario da RAE, para o español, aínda que admite o significado de ´comentario sobre unha persoa morta´, indica que é preferible usar neste caso necrología. O dicionario en liña da RAG copia mal o español. Eu coido que na lingua de hoxe o obituario é a listaxe de mortos nun período de tempo ou día e a necroloxía/necrolóxica a nota informativa sobre unha persoa morta de certo relevo. Por certo, o DRAG na acepción 3 de obituario como sinónimo necroloxía, mais en necroloxía non aparece obituario como sinónimo. Estes termos deben ser redactados de novo pola RAG na liña de obituario como listaxe de mortos nun período e necroloxía/necrolóxica como gabanza/comentario sobre unha persoa morta. Mais xa digo, estas son digresións de afeccionados aos dicionarios… Parabéns pola sección.

  2. E que haber dime un xornal con prensa en papel integramente en galego? Case nada. Antes, estaba Galicia Hoxe e A Nosa Terra, mais pecharon, creo que porque a Xunta lles quitou as achegas que lles daban tódolos anos, aínda así Galicia Hoxe segue estando viva en versión dixital, que arestora se ve moito máis cá prensa en papel. Ti traballaches na Nosa Terra, así que ti saberás que pasou aí. No caso da prensa dixital, si que hai bastante máis (Galicia Hoxe, Galicia Confidencial, Praza Pública, Sermos Galiza…). En papel, Sermos Galiza ten unha edición semanal en papel, mais non hai ningún xornal diario.

  3. Letra negrita en galego, dise letra grosa, mais como se traduce ladillo e cintillo?

  4. Creo que a Xunta ten que ofrecer máis achegas a prensa galega, pra que así haxa xornais integramente en galego, ou que volvan Galicia Hoxe e A Nosa Terra.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: