Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Desfachatez

En castelán, a desfachatez é un sinónimo coloquial de descaro ou de desvergoña. En galego non temos esta palabra.

A orixe de desfachatez é a palabra do italiano antigo sfacciatezza, que tiña ese mesmo significado no seu tempo. Seguramente chegou ao castelán nos tempos do Imperio dos Austrias, desde os dominios de Nápoles. É por iso porque o portugués fixo unha adaptación, desfaçatez, xa que a maioría dos empréstimos que do castelán pasaron a ese idioma se deron durante a dominación dos Filipes nos séculos XVI e XVII.

Algúns especialistas recomendan adaptar a forma portuguesa á tradición galega mediante o neoloxismo desfazateza ou desfaxateza. Do meu punto de vista, non hai necesidade ningunha de adaptar unha palabra que é facilmente substituíble e que incluso no castelán pertence a un rexistro informal.

A sonoridade da palabra, longa, con fonemas rotundos en castelán: ch, f, z, deparoulle certo éxito na linguaxe televisiva, especialmente en tertulias políticas. E como explicamos noutros artigos, o galego coloquial que se fala nos nosos medios é a cada máis mimético do castelán máis vulgar.

Amais das obvias descaro ou desvergoña, podemos usar as máis cultas insolencia e procacidade. “La desfachatez de Cospedal se agrava tras las últimas detenciones”. “A desvergoña de Cospedal agrávase tras as últimas detencións”.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: