Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Fastidio

En galego non existen nin fastidio nin fastidiar(se). As formas propias para este substantivo e verbo serían fastío e enfastiar(se).

Fastidio é unha palabra comodín en castelán. O verbo fastidiar de feito úsase como forma eufemística para joder. Mentres que tradicionalmente viña significar aburrimento (igual que a forma patrimonial castelá hastío), hoxe en día úsase en calquera contexto no que sexa preciso substituír un verbo que se considera vulgar: hay que fastidiarse, pues te fastidias, fastídiate…

En galego non podemos calcar este modelo xa que na nosa lingua existen outras formas substitutivas de foder, por exemplo amolar. Non é que enfastiar ou fastío non poidan utilizarse nestes contextos senón que é conveniente non abusar para non convertermos estas formas nun simple comodín. “Me fastidió el lunes aquella llamada”. “Amoloume o luns aquela chamada”.

Fastío é, en orixe, un substantivo relativo ao aburrimento ou ao cansazo. “Oír aquel profesor non sei se é un fastío ou un suplicio”.

Tamén podemos usalo para definir a repugnancia por unha comida. “É superior a min, danme fastío todos os mollos verdes”.

O verbo enfastiar debémolo utilizar neses contextos concretos. “Os nenos enfastíanme. Só os dou aturado uns poucos minutos”. “Como non ía enfastiarme a comida ver como recollía do chan o bisté e o seguía comendo tan tranquilo no prato?”.

Como traducirmos esas frases feitas do castelán? O idóneo é respectar a forma foder e lembrar que moitas son traducións do castelán. A famosa: hai que foderse é en realidade unha forma que substituíu o tradicional “Fódase!”.

Para “no te fastidia” debemos centrar o significado: é unha enfatización para facer notar a nosa desgana ou desagrado por algunha cousa. Amais do “non te amola”, existen outros xeitos no galego: non me fodas, érache boa, home vai… Seguro que na vosa casa ou na vosa comarca sentistes falar moitas veces de frases feitas perfectas nestes contextos.

Advertisements

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “Fastidio

  1. Ola César! Encántame este blogue, que de feito me resolve dúbidas moi frecuentemente. Porén, neste caso teño unha dúbida: eu coido que os equivalentes de “fastidio” e “fastidiar” poderían ser “molestia” e “molestar” ou, como ti ben dis, “amolar”, mais penso que “fastío” está máis relacionado coa palabra “hastío” en castelán, que tamén indica un certo aburrimento ou tedio. Pode ser?
    Moitas grazas de novo por ser tan informativo 🙂

    • A norma permite utilizar fastío e enfastiar co significado de fastidio pero eu estou de acordo contigo. Por iso recomendo amolar, tamén molestar como dis ou incluso incomodar, por exemplo. Graciñas polo comentario e os cariños. Espero que sigas encontrando cousas interesantes no blog.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: