Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Subasta

En galego non existen nin subasta nin subhasta, tampouco os verbos derivados. En todos os casos pode substituírse por poxa (o verbo correspondente é poxar), aínda que como veremos, nas definicións do dicionario da RAG falta algo de profundidade léxica.

A palabra subasta, en castelán, é moi ampla na fala popular mais non así no dicionario. Define unicamente dous supostos: a venda pública de bens que se fai ao mellor poxador, regularmente por mandato dalgunha autoridade, polo xeral un xuíz. Ou ben: adxudicación que, tamén por poxa, se fai dunha contrata, xeralmente de servizo público e para a Administración.

Cando se fala dunha venda con licitación e poxa, en castelán o correcto é falar de almoneda. En galego existe ese arabismo adaptado á nosa fonética: almoeda. Segundo o dicionario da RAG é unha palabra sinónima perfecta de poxa. Na miña opinión, debería seguirse o criterio xeral de diferenciar a poxa xudicial da poxa comercial.

O portugués define a xudicial como subasta e emprega para a segunda outras palabras, a máis popular leilão mais tamén hasta. En galego, o máis práctico sería circunscribir almoeda á poxa comercial e manter poxa como termo común a calquera das formas dese proceso ou adxudicación no que o prezo vai subindo e baixando. “A almoeda Sotheby’s vendeu un cadro de Van Gogh por cen millóns de dólares”. “O ex presidente do Celta, Horacio Gómez, era un profesional das poxas xudiciais”.

Por que se utilizou (e aínda se utiliza en moitos casos) a forma subhasta en galego? Subhasta é un cultismo. No latín empregábase este termo (sub hasta) para definir o mercado ao mellor poxador por unha tradición militar que marcaba que as lexións, logo de saquearen o botín do inimigo, o puñan á venda debaixo dunha lanza.

A normativa galega prefire poxa, que tamén vén do xeito no que se vendía nos tempos dos romanos. Os obxectos que se ofertaban colocábanse nun podium (un poio, en galego, un banco de pedra arrimado a unha parede ou un valado).

 

 

Advertisements

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “Subasta

  1. Pingback: O galego na xustiza. Algúns consellos | Dúbidas do galego

  2. Pingback: Dúbidas do Galego: O galego na xustiza. Algúns consellos. | The Muros Times

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: