Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Olvido

Olvidar é un castelanismo. A forma correcta en galego é esquecer aínda que na lingua viva estea moi presente estoutra forma.

No galego medieval existiu unha forma obridar, que deu en castelán olvidar, mais perdeuse co tempo en favor de esquecer. As dúas formas proceden dos verbos latinos oblitare e excadesquere, respectivamente.

En portugués conviven esquecer e olvidar, considerado nesa lingua un dos moitos castelanismos que deixou a dominación filipina no século XVII. En galego, tendo en conta que esquecer é unha forma plenamente autónoma e que a fortaleza de olvidar depende unicamente da diglosia que padecemos, sería conveniente restituír a nosa forma patrimonial, tamén na fala cotiá.

Esquecer é un verbo que se pode construír de dúas maneiras: verbo + obxecto directo ou frase subordinada: “Esquecín o bolso na túa casa”; “esqueceu dicirche que pasarei a noite aquí”  ou verbo + pronome +preposición de +obxecto directo ou subordinada. “Esquecinme do bolso na túa casa”. “Esqueceuse de dicirche que pasarei a noite aquí”.

Nalgunhas zonas empregan a forma esquencer. A norma considera esta variación un dialectalismo. Os habituais deste blog xa saben que considero esa clasificación errada polo que aqueles que a usedes dese xeito podedes estar tranquilos: esquecer é tan galego coma esquencer.

O substantivo derivado de esquecer é esquecemento. Esquezo sería un calco do castelán olvido e polo tanto alleo ao noso idioma.

Advertisements

Single Post Navigation

6 reflexións sobre “Olvido

  1. *esquezou → esqueceu?

  2. X.Henrique Costas o dixo:

    Tampouco debemos esquecer a variante do galego de Asturias “esqueicer” co seu substantivo “esqueicemento”, que está na orixe da nosa forma con N non etimolóxico “esqueNcer” polo caracter nasal dos ditongos decrecentes con iode (por exemplo tamén en FILICTU > feeito > feito > feNto). EsquEIcer é o terceiro pé variacional deste trébede derivado de EXCADESQUERE.
    Parabéns polo comentario, porque xa estou un pouquiño farto de que se dean por válidos algúns castelanismos polo feito de exsistiren tamén en portugués, como se iso xa os desculpase. Non. Un fado cantado en castelán non é música galego-portuguesa.

  3. “Esquecín o bolso na túa casa”;
    “esqueceu dicirche que pasarei a noite aquí”
    “Esquecinme do bolso na túa casa”.
    “Esqueceuse de dicirche que pasarei a noite aquí

    Traballei un tempo en concellos lindantes coas comarcas de Celanova do Ribeiro e por aló, os tres exemplos que indicas diríanse así:

    – Esqueceume o bolso na túa casa
    – Esqueceulle dicirche que pasarei a noite aquí.
    Que me podes dicir destas formas ? Estarian admitidas ?
    Saúdos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: