Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Pementón

O outro día escoitei no bar unha conversa máis animada do normal entre un home e unha muller ao redor do pemento. Debían ser cociñeiros, afeccionados ou profesionais, e debatían sobre se botarlle pemento a unha receita ou non.

—Pero pemento ou pementón, preguntou o home.

—Pemento—, contestou a muller. —Pemento do que se lle bota á allada.

—Pementón, logo. O pemento é unha cousa e o pementón, outra. Non teñen nada a ver.

Como non son de interromper conversas alleas e menos aínda andar a corrixir a lingua de descoñecidos, anotei no móbil o caso para logo escribir no blog sobre o tema, xa que vexo que se pode dar algunha confusión.

En galego non existe a palabra pementón, que é unha adaptación do castelán pimentón á nosa fonética. Polo tanto, usaremos pemento para definir tanto o vexetal de orixe americana fresco coma o condimento moído que se fai a base de pementos deshidratados.

Nalgúns casos, pode haber risco de confusión entre a que tipo de pemento nos referimos en cada momento. Hai dous xeitos de non equivocarnos. O pemento moído, como condimento, case sempre se enuncia sen articular, é dicir, non falamos de un pemento senón de pemento. “Dúas culleradas de pemento”. Fronte ao pemento fresco. “Dous pementos”.

Mais hai casos nos que aínda así podemos confundirnos. Se nunha receita pon “50 gramos de pemento”, ben podemos pensar que é moita cantidade de pemento moído mais sempre nos quedará a dúbida. Por iso, neste caso, é conveniente adxectivar ambos tipos de pemento. No caso dos pementos frescos, hainos de moitas clases. Os básicos pemento encarnado (morrón era en orixe unha variedade deste pemento, máis grosa; hoxe en día utilízase en castelán como sinónimo do pemento vermello. É un castelanismo) e verde. Tamén pementos de Herbón, de Arnoia, italianos… Os pequenos pementos de aspecto retorto e que pican moito en galego son chiles, non guindillas. Hainos de moitos tipos, especialmente en Asia e en América.

No caso do pemento moído, dúas son as clases fundamentais: doce e picante. “Bótoche pemento picante no teu polbo?”. “Nós facemos toda a zorza con pemento doce, así que podes estar tranquila”.

Advertisements

Single Post Navigation

6 reflexións sobre “Pementón

  1. Moisés Barcia o dixo:

    Tamén queda o recurso de chamarlle “pemento en especia” ó moído.

  2. “podemos pensar que éche moita cantidade de pemento moído” ????

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: