Dúbidas do galego

Hai, fai, vai

O galego e o castelán, como linguas en constante contacto na fala viva, sofren interferencias mutuas. Polo enorme desequilibrio socioeconómico e institucional existente, é o galego quen case sempre sae máis afectado deste rozamento, con perdas de léxico e de expresión autóctonos, con cambios na maneira de dicir algo que nalgúns casos poden ser definitivos. Noutros casos, simplemente con afinar o oído e escoitar as persoas de máis idade, comprobaremos que determinadas formas seguen moi vivas e que é unha mágoa non acollelas no noso vocabulario e expresión persoais. Velaquí o caso dos verbos que definen situacións, cuxo uso é ben distinto en galego e en castelán.

Os españois din “Hace frío, hace años…”

En galego temos diferentes verbos para cada uso. Para referírmonos ao tempo cronolóxico, usaremos o verbo haber: “Hai días que non vexo o meu xefe; dá gusto traballar así”. “Había ben tempo que non comía un arroz con chocos tan substancioso coma este!”

Se falamos de tempo atmosférico, usaremos o verbo ir: “Para ser primavera, vaiche un frío que encolle”. Unha boa regra mnemotécnica para recordarmos isto é o vello ditado que afirma que o frío (ou a calor) non se fai que xa vén feito.

Onde si empregaremos o verbo facer é cando queiramos reparar nun feito temporal concreto. “Fixo onte vinte anos que entrei a traballar na fábrica”. “Cando fas anos, Marcos? Coido que teño o agasallo de aniversario perfecto para ti”

Advertisement

Single Post Navigation

28 reflexións sobre “Hai, fai, vai

  1. Non ha ser pra tanto.
    Eles vano facer.
    O uso dos verbos ir e haber som corretos neses exemplos?

  2. Manuel Barreiro o dixo:

    E con tempos de pasado? “Hoxe vai un frío de medo”, pero “Onte foi un frío de medo”? “Eu chegara o sábado, pero ata o venres fora un frío espantoso”? “Díxome que iría unha calor insufrible cando chegásemos a Al-Aiún”?

  3. O outro día xurdíronme unhas dúbidas escribindo. A ver se mas podes resolver:

    Cando un verbo remata en vogal e se lle engade o complemento directo de terceira persoa como sería? “Marcos, le o libro” -> “Marcos, lelo” ou “Marcos, leo”

    E cando remata en n e se lle engade no, o n queda duplicado non si? “Eles comenno tódolos anos polo Nadal”.

    Moitas grazas, e coma sempre parabéns polo gran blog. Unha aperta, meu.

  4. Ola!

    Son Andrea, e hoxe en día estou cursando 1º de Dereito aínda que, seguindo os meus esquemas, para o ano estarei matriculada no 1º curso de Filoloxía Galega.

    Creo que non atopo o adxectivo preciso para transmitir o que me parece este blog. Dende logo, necesario. Pero é aínda máis que iso. Eu diría que IMPRESCINDIBLE.

    Descubrino xa fai unhas semanas, pero tomeime o meu tempo para ler os post dende o comezo. Hoxe decántome por comentar para darche a noraboa e para pedirche que continúes. Non hai cousa que máis me guste que ver que aínda quedan persoas que, dun xeito desinteresado, loitan polo galego.

    Apertas!!

  5. Moitísimas grazas por este blog, como comenta Andrea, tan necesario!!!!!!!

  6. Parabéns polo blog! É de gran axuda.

  7. Ola. Tes unha regra fácil para explicar o -te/-che? É un asunto recurrente e moitas veces abusan do -che.
    Vin hai pouco, creo que no Decathlon, esta mensaxe nos chalecos dos dependentes:
    “Podo axudarche?”. Está correcto?

    Moitas grazas e a seguir con esta labor. Sempre me preguntei por qué a RAG, ILG, Universidades ou Xunta non teñen un servizo de dúbidas na web. Descoñezo se o hai.

    • Ola, Antón: A regra básica é que con complemento directo vai te e con indirecto che. Pero ten matices. No caso que mencionas é correcto con ambos pronomes porque o verbo en galego pode ser transitivo ou intransitivo. Segundo a RAG, cando lle damos algo a alguén é transitivo. Axudeite no pasado. E cando significa contribuír para un logro é intransitivo. Axudeiche no pasado. Sinceramente, non vexo posibilidade real de diferenciar ambos significados. Graciñas polo comentario. En realidade, a RAG resolve dúbidas mediante o correo electrónico e ademais puxo en marcha o Portal das Palabras que dá moita información. Humildemente, penso que debería ser máis activo e dinámico, en colaboración cos equipos de normalización lingüística a todos os niveis administrativos e educativos. Pero para iso faría falta unha estrutura que hoxe en día non temos en Galicia. Aperta

  8. Jesús Riobo o dixo:

    Os españois din “Hace frío, hace años…”
    ¿¿¿¿????
    Non entendo ben isto que…
    ¿Nós non somos españois? (falas deles en terceira persoa)
    ¿Só o din os españois?… ¿os demais hispanofalantes non?
    ¿Falar español implica ser español?
    ¿Non falar español implica non selo?

  9. Hola, tengo una duda.
    La frase “Hace pocos años, la situación era realmente mala” debe ser traducida como “Fai poucos anos…” o como “Hai poucos anos…”?
    Gracias de antemano.

  10. Alejandro o dixo:

    Boas tardes. Coñezo o teu blog dende hai algúns meses. Moi interesante. Buscando exemplos de frases que en castelán terían tempos compostos, quixen ver se tiñas algún artigo sobre o asunto. No artigo sobre o infinitivo conxugado falas desa problemática pero sen estenderche nela. Tes algún artigo sobre ese asunto? Por exemplo, como poderíamos traducir a frase “De haberlo sabido, habría viajado antes”. A min ocorréuseme “De sabelo, tería viaxado antes”, pero hai que opina que a combinación “ter + participio” só se debería usar para indicar reiteración e non como alternativa a “haber + participio”. Que opinas? Moitas grazas.

    • Ola, Alejandro: Si, teoricamente poden usarse as dúas formas, mais eu coido que no galego, en efecto, ter+infinitivo só ten valor reiterativo. O mellor é adaptar formas construídas á castelá por formas máis habituais en galego: Se o chego a saber, viaxo antes, por exemplo, di o mesmo. Pero con certeza, na lingua falada e escrita a sintaxe castelá está cada vez máis presente no galego e iso acaba influíndo. Graciñas por ler.

  11. Boas. Mencionas que co tempo atmosférico usaremos o verbo ir. Ademais dos exemplos “vai frío” ou “vai calor”, en que máis casos se pode usar o verbo ir? Polo que lin, “o día está nubrado”, “está neboento”, “está ventoso”. Nestes caso, non é “vai ventoso”, vai nubrado”..? Moita grazas polo teu blog.

    • Ola, Alejandro: Fíxate que nun caso o verbo acompaña substantivos e no outro adxectivos (participios). Non quedaría ben dicir: “Vai caloroso”, por exemplo. Pero se usamos palabras como néboa ou vento si podemos sumarlles o verbo ir: Vai vento, vai néboa. Graciñas a ti por ler e comentar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: