Dúbidas do galego

Quen son?

Son César Lorenzo Gil, xornalista. Durante máis dunha década, á parte de coordinar o labor xornalístico e escribir reportaxes, entrevistas, informacións e demais textos, encargueime da corrección lingüística do semanario A Nosa Terra e do xornal dixital A Nosa Terra Diario. Aquí deito aquela experiencia en forma de consellos e resolución de dúbidas.

38 reflexións sobre “Quen son?

  1. Pingback: Tes dúbidas? Este é o teu blog | Aí falaches!

  2. Ola!

    Estaría ben facer unha conta no Twitter con estas cousas!! 🙂 Moi bo traballo!

    • Graciñas por comentar e pola suxestión. Temos un perfil propio no facebook. No Twitter utilizo como contacto a miña conta persoal @cequelinhos. Desde aí difundo os artigos e respondo as dúbidas. Saúdos

  3. runiramos o dixo:

    Paréceme ben interesante e importante o teu blog, eu son dos que intento expresarme en galego cada día un pouco mellor. Botarei man dos teus consellos de cando en vez.
    Podes visitarme en http://runiramos.com/
    un saúdo

  4. Deberías ter unha páxina.gal ou ser colaborador ou membro da RAG.
    Eu fixen unha páxina de información deportiva en galego e gustaríame ter máis xente que vise os meus artigos e xente que colaborase comigo, xa que eu só non podo escribir toda a actualidade deportiva.
    Se me podes axudar a difundir a páxina e buscar xente que colabore comigo ou ue queira colaborar comigo ou, senón dime como difundir a miña páxina, que a xente vexa os meus artigos e buscar xente que colabore comigo ou que queira colaborar comigo. E non quero usr redes sociais.
    A páxina é a seguinte : https:/velaitesdeportes.wordpress.com/
    Os requisitos son : só se pode falar de deporte ou algo relacionado co deporte e hai que falar en lingua galega.

  5. E acabo de crear outra páxina pra complementar o que se di nesta : https://estensiondogalego.wordpress.com/

  6. El sería ben que lle dedicases algún artigo ou reflexión ao léxico sexual popular galego? Esoutro día escoitín un vello referirse ao clítoris como “dente de allo”. Pareceume un pequeno tesouro lingüístico

  7. Henrique Rabuñal o dixo:

    É Lavedra ou A VEDRA o topónimo coruñés?

  8. Cando escoitamos ás veces nos medios referirse en galego a topónimos que levan artigo no seu nome, como O Grove, din algo do tipo: “…no porto de O Grove foi atopado….”.

    A min sóame fatal. Supoño que será “…no porto do Grove…”. Estaría ben escrito e falado así?
    Aínda que en castelán fora “…en el puerto de O Grove….”.
    Gustaría de saber a túa opinión.
    Un saúdo e noraboa polo blog.

    • Ola, Antonio. Perdoa a demora na resposta. Quedárame descolgado o comentario: en galego os artigos dos topónimos sométense ás mesmas modificacións na frase ca os artigos xerais. Se dicimos. É da casa e non é de a casa, debemos dicir, é da Coruña e non é de A Coruña. Igual coas preposicións en ou por: Pasei polo Barco de Valdeorras; teño un amor no Porriño ou vou ao Grove. Grazas por comentar

      • José M. Cazorla o dixo:

        Ola. Teño entendido que antes, o nome real desta localidade era Ogrove, até que chegou a febre castelanizadora que interpretou que ese “O” inicial era un artigo e traduciu o nome por “El Grove”. Despóis darían-lle de novo a volta pero conservando ese “O” como artigo e pasando por tanto a chamarse O Grove,

      • Ola. O que contas é, na opinión dos grandes especialistas en Toponimia de Galicia, unha lenda urbana. Non é da liña de Agolada senón da do Porriño ou A Coruña. Graciñas por comentar. Apertas

  9. Ola, César! Sigo o teu blog dende fai relativamente pouco e gústame moito o enfoque que lle das. Gustaríame proporche que fixeras unha entrada sobre o uso de ‘xenial’ en galego (a min sóame moi mal, practicamente unha tradución do uso castelán ‘genial’) e outras palabras deste estilo. Ata que punto son galegas ou temos as nosas propias que estamos a esquecer? Unha aperta e Feliz Aninovo!

  10. César, que che parecen as últimas actualizacións da RAG?
    Eu estou moi contente, porque a Real Academia Galega incluíu o termo “esprinte”. Parabéns á RAG. Tomara fixeran o mesmo con “blogue”, mais é mellor algo ca nada.
    Iso si, “sprint” segue a estar admitida. É dicir, que agora mesmo tanto “sprint” como “esprinte” son válidas. Eu considero que, por tradición da língua galega e polo seu xeito de ser, hai que dar prioridade á forma “esprinte”. Supoño que por agora están admitidas as dúas formans como transición. A ver se os medios de comunicación como a CRTVG, Galicia Confidencial, Sermos Galiza, Galicia Hoxe… dan prioridade a forma “esprinte” e a promocionan. E, claro está, agardo que as editoriais e os autores poñan da súa parte.

    • César, máis boas novas. Onte, mandei un correo a RAG dicindo que puxeran na entrada de “sprint” como sinónimo xeral a “esprinte” (xa que non aparecían sinónimos) e esta foi a súa resposta:
      – A forma “sprint” vaise eliminar porque se preferiu adaptala como “esprinte” e en canto se actualice o arquivo vai deixar de figurar como entrada.
      Esta é a liña que ten de segui-la RAG. Os meus parabéns por iso. Agora, xa só falta que fagan o mesmo con “blogue”. Mais, por algo hai que comezar.

  11. Montse Lopez o dixo:

    Existe y que significa la palabra “madialeva”?

  12. Saudos. Moi bo o blogue. Acabo de comezar un proxecto de divulgación científica en galego, coido que visitarei este recuncho con frecuencia para solventar dúbidas.

  13. Ola a todos! Moi interesante blog sobre a nosa lingua. Teño a seguinte dúbida: “chivar” ou “chivarse” co sentido de queixarse do comportamento dunha persoa a unha terceira que adoita estar ao cargo, non está recollida como tal no dicionario. Tedes algunha idea de palabra que se corresponda en galego?

    Un saúdo e grazas.

    • Boa tarde: En efecto, no dicionario da RAG, chibarse (ten de ser con b, xa que o verbo procede do animal chibo) non aparece con ese significado. Pero si o recolle o Estraviz e ademais está moi estendido. Polo tanto, do meu punto de vista, é completamente correcto usar chibarse como sinónimo de delatar ou denunciar. Graciñas por comentar

  14. Diego Blanco Álvarez o dixo:

    Ola!

    Como xa dixen por aí nalgún comentario lin a web enteira e foi moi útil…

    Pero, a pesar do completa que é, teño algunha dúbida que resolver que posiblemente che dea ideas para facer novos apartados.

    A primeira é como se di “estou de acordo” ou “estou dacordo”?

    E a segunda: “non viñeras tan cedo/viñeras antes (2ps)” “non lle votarades/votaradeslle (2pp)” son equivalentes ás frases castelás “no haber (hubieras) venido tan pronto/ haber venido antes” “no haberles (les hubierais) votado/ haberles votado”, ou só pode ser “non ter vido tan cedo/ ter vido antes” “non terlle votado/terlle votado”?? Eu sempre oín aos meus pais dicir as primeiras formas: “Supendiches, estudiaras máis”, “que agora non sabedes que facer con tanto pan, fodeivos, non fixerades tanto”…
    Evidentemente sei que os castrapismos “non haberlle votado” ou “non lle houberas votado” que é como o din agora despois de 25 anos en Madrid non son correctas, e as formas “terlle votado/ non terlle votado” ademais de non estar seguro de se están ben, sóanme raras…
    Pero, as que me soan ben, que son “non viñeras tan cedo” (tamén dito “non viras tan cedo, para liar máis o asunto jajajaaja) dáme a sensación de que está a ser unha confusión do antepretérito co pretérito imperfecto do subxuntivo (cousa que pasa porque en castelán ese tempo e “yo cantara o cantase” pero en galego “eu cantara” é una cousa e “eu cantase” outra…
    Ao mellor resulta que todo é incorrecto e hai que dicilo doutra forma que non ten nada que ver, pero bueno, aí queda e xa o analizas que seguro que chegas a unha boa conclusión.

    Gracias e como xa dixen, moi boa web!!

    • Ola de novo. A fórmula que presentas é completamente válida. Mellor que utilizar a perífrase ter+participio. Ademais, como ben dis, está moi viva na lingua oral. No exemplo do voto hai problema, que é que nese caso é mellor usar o complemento directo ou a fórmula: “Non votarades por eles”. Aperta

  15. Martiño o dixo:

    Moi bo día.
    Antes de nada parabéns por esta túa iniciativa, tan importante e necesaria para os que usamos o galego de xeito vehicular tanto na fala, como na escrita e tentamos mellorar a normalización en todos os andeis da sociedade.

    A miña pregunta é sobre unha dúbida que xa non é a primeira vez que me aparece. Se temos a forma PANDEIRETA, quen toca este instrumento é un/nha PANDEIREITEIRO/A ou PANDEIRETEIRO/A?

    Como era de agardar, esta acepción non aparece contemplada no dicionario da RAG.

    Un saúdo e moitas grazas polo teu tempo e traballo.

  16. Graciñas polo seu blog, é fantástico, abofé

  17. Moitas grazas pola páxina!!

Deixa unha resposta a Pablo Cancelar a resposta