Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “abouxar”

Abuchear

Verbo moi querido polo periodismo deportivo. En tempos tamén debeu usarse moito na crónica de espectáculos pero hoxe penso que fóra dos campos de fútbol só se reproba a actuación dos políticos e non a dos actores.

En galego non é correcto. Debemos substituílo por abouxar ou apupar. Abouxar, en orixe, significaba deixar a alguén xordo. Por extensión, podemos usalo para definir o son de reprobación, normalmente baseado en asubíos e berros. Por iso tamén é común é correcto empregar os verbos asubiar e berrar como sinónimos concretos. “Todo Balaídos asubioulle ao árbitro”.

Apupar é menos usado pero máis acaído pois significa manifestar protesta ou desacordo con alguén. Tamén berrar alto e incluso escorrentar a urros un animal. “Centos de manifestantes apuparon o alcalde na inauguración da obra”.

Navegación de artigos