Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “anciño”

Rastrillo

En ningún caso usaremos este castelanismo. Se falamos dunha ferramenta agrícola que ten o mango longo e no bico un traveseiro cheo de pugas, debemos usar a palabra angazo, anciño ou enciño.

No caso de falarmos da peza dentada que se emprega para asedar o liño, o termo correcto é restrelo, aínda que tamén se emprega rastrelo.

O enreixado levadizo que se empregaba para pechar os portóns das fortalezas podemos chamalo grade ou gradicela.

No caso de tenda especializada en cousas de segunda man ou feira benéfica de produtos doados por particulares, sería preferible usar chambo. Chambo sería un derivado do verbo chambar, cuxo significado é, segundo o Estraviz, facer troco con cousas vellas.

Navegación de artigos