Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “apaixonada”

Pasión

A familia léxica do substantivo paixón ten algunhas complicacións porque nalgúns casos responde á forma patrimonial e noutros á forma culta derivada do latino passionem. De aí que sexan correntes os castelanismos e os hiperenxebrismos na práctica oral e escrita.

Formas vellas no galego son paixón, apaixonar, apaixonante, apaixonada e apaixonadamente. Tamén compaixón.
Mais debemos darlles atención ás formas novas, e polo tanto derivadas de pasión, como son pasional e pasionario (libro que contén a liturxia sobre a Paixón de Cristo). Un bo truco para non errar é clasificar as palabras en dous tipos: paixón e todos os derivados que leven algún prefixo escribímolos con -x-; os derivados sen prefixo van con -s-.

Navegación de artigos