Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “bosníaco”

Periodo ou período?

Hai determinadas palabras que se escoitan e se len con diferentes pronuncias. Sempre nos queda a dúbida de onde colocar a vogal tónica. É austríaca ou austriaca? É período ou periodo? É período para uns casos e periodo para outros?

En galego, o correcto é facer a pronuncia en hiato. É dicir, marcando con til a vogal feble, nestes casos o i. Período, austríaco. Pero tamén noutros casos onde esta pronuncia soa algo máis rara, caso de Olimpíadas, amoníaco, cardíaco, bosníaca, entre outros substantivos.

Navegación de artigos