Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “buguina”

Bocina, caracola

Eses molusquiños en forma de espiral dos que falamos no anterior post moito deron de si en materia lingüística. Á parte de buzo, en castelán tamén deron en bocina, un castelanismo que en galego debe mudarse por bucina. Tamén no verbo: O coche bucinou e bucinou pero ninguén acudiu. Cando en galego falemos do propio animaliño é preferíbel usar buguina e non o castelanismo caracola. É unha lenda iso de que se oia o mar nas buguinas.

Navegación de artigos