Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “capital”

Cadal e caudal

Falo hoxe de dúas palabras que en galego son distintas pero que soen confundirse nunha soa por causa da influencia do castelán. O caudal refírese á cantidade de auga que ten un manancial ou o leito dun río. O cadal é a cantidade de diñeiro acumulada por alguén. A caixa onde se gardan eses cartos é unha caixa de cadais. A nosa lingua fixo evoluír de diferente xeito dúas palabras cuxa procedencia é idéntica, a palabra latina capitalem, que significaba principal. De feito, hoxe en día cadal é sinónima de capital.

Este texto foi publicado na sección ANT Lingua de A Nosa Terra Diario no 2011.

Navegación de artigos