Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “chanza”

Guasa

Este castelanismo pouco e pouco vaise coando na fala galega. Escoito acotío “Es un ghuasón”. Recórdame unha chisca a galpón, outro castelanismo que callou entre nós. As dúas palabras comparten, ademais, posiblemente, a súa orixe americana, xa que guasa procede dunha voz caribe.

E coma no caso de galpón, o galego ten abondos recursos para non ter que empregar guasa. Broma é unha palabra grega que chegou ao galego hai séculos a través do castelán (tamén entrou no portugués pola mesma vía). Está moi estendido o seu uso: Gústalle a broma.

Outra palabra moi usada é chanza. Ademais, o verbo para esta familia léxica é chancear, xa que bromear é un castelanismo.

Máis palabras de significado semellante son chacota, brincadeira, burla, mofa, moca ou chufa.

Navegación de artigos