Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “cultismos”

Ciclope, esexese e parasito

Noutras ocasións temos falado de palabras que escribimos incorrectamente por influencia do castelán. A norma do galego traballa arreo para que pouco e pouco se vaian impoñendo as formas correctas de escribir e pronunciar termos, especialmente os cultos, os que chegaron hai ben pouco á nosa lingua provenientes do latín ou o grego. Palabras como ciclope (ser mitolóxico que só ten un ollo), esexese (comentario crítico dun texto) ou parasito (organismo que se alimenta doutro) en galego soan graves, non esdrúxulas coma en castelán.

Navegación de artigos