Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “currículo”

Referendo, ultimato e currículo

Coma sempre por influencia do castelán, o galego precisa desligarse de certos vicios expresivos para brillar con corrección nalgúns ámbitos. Hoxe falo de certos latinismos con suficiente antigüidade coma para se adaptaren ás formas propias do noso idioma pero que seguen dominados polo termo estranxeiro.

En galego dicimos referendo, ultimato e currículo, igual que espírito. As formas referendum, ultimatum e curriculum son castelanismos innecesarios que ademais provocan aberracións lingüísticas coma os falsos plurais referendums, curriculums ou ultimatums –o correcto en castelán é os referenda, as currícula e os ultimata.

Máis práctico e lóxico para este tempo é dicir currículos, ultimatos e referendos. En portugués tamén aplican esta regra.

Navegación de artigos