Dúbidas do galego

Arquivo para a etiqueta “curto”

Recortes

Quizais esta se converta nunha das palabras máis usadas no 2012. Non fai falta explicar por que. A pesar de que a batalla da linguaxe política case sempre a gaña o poder, mercé ao seu completo control sobre os medios de comunicación máis seguidos, neste caso non puido lograr que soe máis reformas e axustes ca recurtes, ou mellor dito, recortes, que é o termo correcto en galego.

Recurte e recurtar son formas hiperenxebristas que nacen de converter o adxectivo curta nun verbo, por considerar o correcto recortar un castelanismo. Algo ten a ver tamén o verbo acurtar, galego xenuíno. Para non nos confundir, pensemos en que recorte provén do verbo recortar e este á súa vez de cortar, no sentido de separar ou despezar. E acurtar vén do adxectivo curto, que ten a ver coa magnitude, ben por tamaño ben por tempo.

Navegación de artigos